Tres mozos suben ao Petón, un outeiro preto da súa vila, para beberen unhas cervexas. En canto beben e fuman falan do seu futuro, sen saber que poucas horas despois ese futuro deixará de existir debido a un accidente de tráfico. 3.500 persoas morren en España ao ano por accidentes de tráfico. Esta curta pon rostro a esta cifra. As vítimas pasarán a formar parte das estatísticas das máis de 40.000 persoas que morren anualmente nas estradas de Europa. Comercializado en DVD con audio en galego. Palmarés: Seleccionada no certame Curt Fictions organizado pola cadea de Cines Yelmo Cineplex (2006) para ser proxectada en cines de dez cidades de España. |
Ficha artística
Cámara:
/
Xosé Garrido
Dirección:
/
Xosé Zapata
Dirección artística:
/
Alexandra Fernández
Dirección fotografía:
/
Xosé Garrido
Guionista:
/
Xosé Zapata
Intérpretes:
/
Xabier Deive
/
Joaquín Domínguez
/
David Lendoiro
Montaxe:
/
Juan Pablo Etcheverry
/
Enrique Otero
Música:
/
Enrique Otero
/
Daniel Patiño
/
Pablo Pérez
Produción:
/
Ignacio Benedeti
Produción Executiva:
/
Xosé Zapata
Xefatura de son:
/
Claudio Canedo
Ficha técnica
Distribuidora
/
Biblos Clube de Lectores
/
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
Produtora
/
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
Subvención ou axuda pública
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
/
ICAA (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte)
Titulo orixinal: Mártires
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 9'
Orixe: Galicia
Ano: 2005
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Francés, inglés, castelán
vIDEOS | VER todos os videos de Mártires (1)
Documentos
Audio
-
| BSO de Mártires