Juan Pablo Etcheverry / Dirección

Juan Pablo Etcheverry

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Juan Pablo Etcheverry
Juan Pablo Etcheverry
Dirección
Nome completo: Juan Pablo Etcheverry Ciancio
Montevideo, Uruguay 1975   



Santiagués afincado na Coruña, en 1997 comezou a facer curtametraxes de animación en soporte video, nas que usou tanto técnicas de plastilina como de debuxo tradicional, e suma xa oito películas e mais dous spots para Calle 13, a canle de TV. A súa primeira curtametraxe en formato cinematográfico de 35 mm é “Minotauromaquia”, producida por Ignacio Benedeti. Ten recibido numerosísimos galardóns e recoñecementos polos seus traballos, que foron proxectados en televisións privadas e públicas de todo o estado, así como en festivais de todo o mundo, como o de Annecy en Francia ou o de Animamundi no Brasil.

Premios e recoñecementos: “Minotauromaquia”: mellor animación e premio especial do xurado (Curtocircuíto, Santiago de Compostela 2004); Festival de Cans (2004).

“De tripas y corazón” (2002): mellor curta en vídeo (3º Festival de Cortos FIB, Benicasim 2002); Bronce Award (25 Festival de Vídeo de Tokio, Xapón 2003); mellor animación (7º Festival de Cortos La Fila, Valladolid 2003); premio 1º Festival de curtametraxes Costanova (Cangas do Morrazo 2002); premio especial do xurado Krok (Ucraína 2002); premio de animación (Festival de Girona 2002); accésit mellor animación (7º Festival Audiovisual de Cabra, Córdoba 2002); mención do público (IX Festival de Vídeo Ciudad Real 2002).


“Dog Interface” (2000): mellor animación (Festival de creación audiovisual de Navarra, 2000); Bronce Award (23 Festival de Vídeo de Tokio, Xapón 2001); premio no I Festival de Animación y Multimedia de Logroño (2001); mellor tratamento visual (Festival Internacional de Cine y Video de Vallecas, 2001); accésit (Festival de Vídeo de Vigo, 2001); mellor animación (6º Festival de Cortos La Fila, Valladolid 2002).


“Linko Killer Machine” (1999): mellor vídeo de ficción (Certamen de Vídeo INJUVE, Madrid 2000); mellor vídeo de animación (Festival de cine Elche, 2000); premio no II Concurso de cortos Fantásticos y de terror de Sants (Barcelona 2000); galardón a realizador novo (VII Festival de Vídeo, Ciudad Real 2000) por este filme e mais “Dog Interface”.


“Egon Schile” (1998): mellor videocreación (Certamen de Vídeo INJUVE, Madrid 1998); mención especial (Art Film Festival, Eslovaquia 2000).


“Paranomasia” (1998): mellor videocreación (13 Festival de vídeo de Vitoria-Gasteiz).


“El niño testarudo” (1997): segundo premio no I Concurso de videografia da Universidad Politécnica de Cataluña.


Formación específica: Estudou os dous primeiros anos de Belas Artes na Facultade de Pontevedra, pasando despois a facer de terceiro a quinto curso na Facultade de Belas Artes de Sant Jordi, Barcelona. Licenciouse na especialidade de Debuxo. Foi bolseiro Erasmus na facultade londinense de Saint Martins (1998) no departamento de cine e vídeo.

FILMOGRAFÍA

Documentos

Storyboard Martires
Storyboard completo da curtametraxe "Mártires" (I.Benedeti Cinema 2005) escrita, dirixida e producida por Xosé Zapata. Storyboard feito por Juan Pablo Etcheverry.

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Juan Pablo Etcheverry

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Juan Pablo Etcheverry (10)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org