Manuela, Xavi e Xosé, ou o que é o mesmo, Mabel Rivera, Celso Bugallo e Tamar Novas ultiman os preparativos para acudir á gala dos Premios Goya. Non irán sós xa que estarán animados por Juan Pablo Etcheverry, sonorizados por un “inconsciente” Sergio Moure e apoiados por Filmax, a factorÃa do lucense Julio Fernández. Todos eles son candidatos nesta XIX edición dos premios máis importantes do audiovisual estatal. O dÃa 30 ata a alfombra vermella falará galego.
Ilusionados, esperanzados, tranquilos, incertos... cada un dos candidatos galegos aos premios Goya está, nos dÃas previos á gala de entrega dos galardóns, dun xeito diferente. Con independencia do resultado (que sempre importa) o que sà é certo é que a simple candidatura converte aos seus protagonistas en personaxes máis coñecidos, ábrelle novas vÃas de traballo e supón unha forma de reforzar o sector audiovisual galego no marco estatal.
Os actores
“Eu estou moi tranquilo. Un premio sempre é importante porque é un chanzo ao que se sube, pero hai máis. Unha das cousas que máis intranquilo me teñen é se os premios serven para abrir novas vÃas”. Asà de reflexivo está Celso Bugallo que acudirá este domingo á gala de entrega pouco intimidado por ter entre os seus rivais (é candidato a actor de reparto) a un actor como Juan Diego (compite pola súa interpretación en “O sétimo dÃa”) ou Unax Ugalde (por “Héctor”).
Interpretar a Xosé, o irmán de Ramón Sampedro, supúxolle a “sorte de que un director madrileño, cunha perspectiva foránea me dera un papel moi próximo ao noso acervo cultural, á nosa propia personalidade, e que o resultado fose crible e convincente”. Pero non foi só sorte, Bugallo curtiuse na televisión e no teatro e foi un dos piares nos que se asentou o que hoxe se chama audiovisual galego. De momento, a candidatura permitiulle iniciar contactos cunha produtora estatal para un proxecto cinematográfico, aÃnda que non quere aventurar nada. Si nos conta que está “embarcado nunha produción teatral (con Balea Branca) que estrearemos en Ourense o 11 ou 12 de febreiro e que vai sobre o maltrato”.
O caso de Mabel Rivera garda certa similitude co de Bugallo porque é unha desas caras que resume a historia do audiovisual patrio. Leva traballando desde hai case corenta anos e pon rostro a unha das series da TVG máis lonxeva do paÃs. A candidatura a mellor actriz de reparto séntaa ao mesmo nivel que a veterá Mercedes Sampietro (por “Inconscientes”) ou que a máis iconoclasta Victoria Abril (en “El sétimo dÃa”). Completa a listaxe de candidatos un descoñecido Tamar Novas que encarna a Javi, o sobriño de Sampedro, que se iniciou no mundo cinematográfico con “A lingua das bolboretas” e ao que lle agarda unha prometedora carreira.
A animación
“Minotauromaquia: Pablo no labirinto” é unha desas curtametraxes que chegarán á gala do domingo coa sensación de ter gañado. “Para min, explica Juan Pablo Etcheverry” xa é un recoñecemento moi importante ser candidato”. Logo de ver ao resto dos candidatos á mellor curtametraxe de animación Juan Pablo considera que o nivel está moi reñido, porque son catro candidatos moi competitivos “agás “El enigma del chico croqueta” que tamén é de plastilina, o resto son moi diferentes e vexo que calquera temos posibilidades”.
A expensas do que pase este domingo, a curtametraxe de Etcheverry chega á gala logo de ter gañado a práctica totalidade de certames (nacionais e internacionais) aos que se ten presentado. Unha sorte de premios que o animan a seguir traballando no seu novo proxecto. Agora mesmo está na fase de preprodución dunha longametraxe (coa produtora de Ignacio Benedeti) de animación que estará lista no 2007.
Etcheverry considera que a situación do audiovisual “está moi ben pero non é para que botemos foguetes”. Baixando ao caso concreto da animación “eu vexo que temos os mesmos problemas que no resto do estado, pero que cada vez hai máis interese, hai máis estudantes pero as cousas precisan mellorar moito”.
A música
De xeito semellante que para Juan Pablo Etcheverry foi unha sorpresa, Sergio Moure “non me esperaba a candidatura(mellor música orixinal), polo que o simple feito de estar aà xa é un premio en si mesmo”. Sobre todo porque “Inconscientes” é a primeira longametraxe que compón Moure. “En Galicia fixen hai anos a música dunha curtametraxe de Teresa Pece (“A PÃntega”) e agora mesmo estou en conversas cunha produtora da Coruña para facer un proxecto novo, aÃnda que o máis inmediato é unha serie de televisión de 13 capÃtulos dirixida por Oristrell e que TVE emitirá a partir de setembro”. O que ten moi claro é que “a candidatura me está abrindo portas e nos está dando a coñecer. É un bo escaparate”.
No tocante ao dos Goya. Competir con Amenábar, que xa ten declarado que é o Goya que máis ilusión lle farÃa recibir, é para Moure como unha batalla perdida. “Mar adentro vai a ser a gran vencedora” vaticina.
Moito máis
Vencedora ou non o caso é que Mar adentro supuxo o respaldo definitivo a unha canteira de actores, a unha historia, a unha lingua e a unha cultura na que coinciden destacar todos os candidatos. Un feito no que incide, sobre todo, Juan Pablo Etcheverry que non dubida en afirmar que “a produción de Alejandro Amenábar non é galega, pero foi un bo respaldo para todo o noso audiovisual, polo trato do idioma e, sobre todo, sendo de fóra”.
Cómpre non esquecer que a maquillaxe de “Mar adentro” tamén é candidata para esta edición dos premios Goya. A sorprendente nominación aos Óscar fÃxolle sombra a esta categorÃa, na que se atopa a galega Mara Collazo, quen conta cunha importante listaxe de pelÃculas no seu curriculum.
Por último, mención á parte ten o imperio do lucense Julio Fernández (FÃlmax) que estará presente na carreira das estatuÃñas con dúas producións. Por unha banda está “Romasanta”, unha historia rodada, inspirada e con guión galego e que compite pola mellor fotografÃa e polos mellores efectos especiais. Por outra banda, está “Pinocho 3000”, da que o un dez por cento máis o modelado de todos os decorados se fixo no estudo de animación que a productora ten en Santiago (Bren) e que opta á mellor pelÃcula de animación.
Agora haberá que agardar a ver que pasa este domingo cando se estire a alfombra vermella e se comecen a repartir as estatuÃñas. O que sà queda claro é que os Goya son un dos mellores escaparates para dar a coñecer as producións galegas.