Engurras |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Engurras
A amizade entre dous anciáns ingresados nun xeriátrico vese ameazada pola sombra da doenza do Alzheimer. Longametraxe de animación 2D para adultos baseada na BD de Paco Roca que levou o Premio Nacional de Cómic en 2008. Proxectada o 19/9/11 no Festival de San Sebastián. Estreada en salas comerciais. DVD comercializado con audio en galego desde 2012.

Palmarés: Foi unha das grandes vencedoras dos Premio Mestre Mateo 2011 (entregados en 2012), gañando varios dos galardóns principais, incluíndo os de guión e mellor longametraxe de animación. A finais de 2011 é unha das dezaoito cintas de animación aspirantes a estar entre as cinco candidatas ao Oscar para mellor longa de animación, na vindeira edición dos galardóns estadounidenses. Na mesma altura, candidata na categoría de mellor longametraxe nos Premios Annie que organiza Asifa-Hollywood en Los Ángeles. Premio especial do xurado no festival de Annecy (2012). Escollida mellor película de animación polo público asistente ao festival de animación iberoamericano Animamundi, na categoría de mellor película para adultos. Candidata en 2012 ao premio de cine europeo da European Film Academy na categoría de mellor filme de animación. En outubro de 2012 recibiu o Gran Premio do xurado do Concurso Internacional de Medios Educativos “Japan Prize”, así como o galardón á mellor obra na categoría de educación social, na 39 edición dos galardóns mediáticos xaponeses que concede a cadea de televisión nipona NHK.

Ficha artística
Dirección: / Ignacio Ferreras
Dirección artística: / Paco Roca
Dirección de produción: / Dani Martínez
Guionista: / Rosanna Cechinni / Ángel de la Cruz / Ignacio Ferreras / Paco Roca
Intérpretes: / Pepe Sacristán
Música: / Nani García / Iván Laxe / Piti Sanz
Produción Executiva: / Manuel Cristóbal / Ángel de la Cruz / Tono Folguera / Toni Marín
Xefatura de produción: / Mariam Seoane
Xefatura de son: / Miguel Barbosa / Carlos García / Diego S. Staub

 

Ficha técnica
Distribuidora / Cameo Media
Participación / Canal 9 / Televisión Española (TVE)
Produtora / Cromosoma / Perro Verde Films
Subvención ou axuda pública / Agadic / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia) / ICAA (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte)

Titulo orixinal: Arrugas
Tipo: Animación
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 80'
Orixe: Galicia-Cataluña
Ano: 2011
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Catalán, castelán
Orzamento: 2.200.000 €
Porcentaxe subvencións: 40,90 %
Importe subvencións: 900.000 €

vIDEOS | VER todos os videos de Engurras  (4)

Documentos

  1. baixa aqui Engurras

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org