Nani García / Música

Nani García

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Nani  García
Nani García
Música
Nome completo: Amador García Silva
A Coruña 1955   
Web propia



Solista, productor musical, arreglista e compositor, conta cunha longa experiencia nos diversos formatos do medio audiovisual (anuncios, teleseries, videoexposicións). Ten composto bandas sonoras para longametraxes como “Blanca Madison” (Carlos Amil, 2000), curtametraxes como “Vete Davis” (Alber Ponte, 1993), programas de TVG como “Galeguidade” e mesmo se encargou da composición e interpretación simultánea de películas antigas como “Unha viaxe por Galicia” (Luís R. Alonso, 1929), filme restaurado polo CGAI).

Premios e recoñecementos: Co grupo Clunia gañou cinco galardóns entre os que destaca o premio Especial Jazz Stop á mellor composición e arranxos orixinais (XVIII Festival Internacional de Donostia, 1983). Xunto con Xabier Ferreiro recibiu o premio Mestre Mateo 04 polo son do documental Un bosque de música. Co mesmo colaborador recibiu o premio Mestre Mateo 06 (entregado en maio de 2007) ao mellor son, por De Profundis. En solitario foi premiado tamén nos MM06 como autor da mellor banda sonora, pola mesma produción. Premio á mellor música orixinal nos premios Mestre Mateo 07 (2008) por O neno de barro. Levou o Premio Mestre Mateo 2011 (entregado en 2012) á mellor música orixinal, por Engurras.


Formación específica: Formado musicalmente en Suecia (1976-1980) nas aulas de jazz do taller de música de Sollentuna, impartidas polo pianista Uffe Sandberg.

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Nani García

Arquivos de audio


  • Piti Sanz, Sergio Moure e Nani García falan de BSOs

  • B.S.O. De profundis. Bailando en verán

  • B.S.O. As leis de Celavella. Rúas e ruelas de noite.

  • B.S.O. As leis de Celavella. A vila móvese.

  • B.S.O. As leis de Celavella. Intrigas e persoas 4.

  • B.S.O. As leis de Celavella. Adeus Celavella.

  • B.S.O. As leis de Celavella. A vila e as súas xentes

  • B.S.O. Blanca Madison. A serea e a escuma

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Nani García

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Nani García (59)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org