Estrea de 'O Loro de Carlos V' de Nani García e a OSG

Miguelanxo Prado e Borja Quiza participan nesta primeira ópera buffa de produción galega

Os vindeiros días 5 (xoves) e 6 de decembro (venres), o Teatro Colón da Coruña acollerá as representacións de estrea da primeira ópera buffa galega. O Loro de Carlos V. A coprodución de Favola in Mvsica co Teatro Colón da Coruña e o Centro Dramático Galego conta coa participación de Miguelanxo Prado, o barítono Borja Quiza, e o compositor Nani García, autor da música e co-autor do libreto con María Inés Cuadrado, xunto a outras grandes figuras da escena e da lírica. A OSG , con Diego García Rodríguez na dirección, leva o peso musical desta obra a medio camiño entre o teatro e a ópera que escenifica un conto infantil de Michel de Ghelderode. A produción conta coas voces de Borja Quiza, Francisco Corujo e Helena Abad. Miguelanxo Prado como deseñador de personaxes e escenografía, María Peinado na dirección escénica e Baltasar Patiño na dirección técnica. O formato recitado-cantado do libreto permitira seguir perfectamente o devir dunha historia cómica pensada para toda a familia. O día 7 a obra se representará no Pazo da Cultura de Narón.

O loro de CarlosV é unha ópera de nova creación baseada libremente no título homónimo do dramaturgo belga renovador do teatro vangardista de mediados do século XX Michel de Ghelderode, quen, a súa vez, inspirouse nun conto popular sobre a figura de Carlos V. Esta será ademais a primeira vez que se incorpora a Michel de Ghelderode e o seu mundo á dramaturxia galega. Nos seus 55 minutos de duración, a obra permite unha boa adaptación para unha posta en escena en forma de ópera buffa pola súa trama simple pero efectiva, cara ao público familiar. Unha trama humorística pero cun poso intelixente que invita a todos a reflexionar sobre a necesidade do uso da astucia para afrontar adversidades, o papel da corrupción e o tráfico de influenzas nas nosas sociedades mentres, ó mesmo tempo, presenciamos grandes personaxes femininos de carácter. O proxecto para a súa representación consta dun acompañamento orquestral de 42 músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia, tres cantantes líricos e a axuda da técnica de pantallismo para crear a escenografía. Dita técnica permitirá á audiencia somerxerse no imaxinario de Miguelanxo Prado e a súa linguaxe universal, quen tamén encárgase do deseño de vestiario, personaxes e da escenografía. O loro de Carlos V representa a segunda colaboración do tándem formado por NaniGarcía e Miguelanxo Prado. A anterior ocasión deu lugar á longametraxe de animación DeProfundis(2006), nominada ó Premio Goya á mellor película de animación.