Produción
Nome completo: Carlos Fernández Rodríguez
A Fonsagrada (Lugo) 1962
Comezou co labor de produción executiva en 1995 e nun período de dezaseis anos realizouno en 68 títulos incluíndo éxitos de billeteira como Rec. A súa vida profesional está vencellada ao grupo Filmax, ao que se incorporou en 1984. Comezou coa instalación da delegación de vídeo da empresa en Galicia, na Coruña. Dous anos máis tarde foi para Barcelona, encargarse da delegación da cidade condal. A partir de 1989 comparte co seu irmán Julio funcións máis xerais dentro da compañía, e convértese en Conselleiro Delegado do grupo. Actualmente céntrase nas novas áreas da compañía, como a internacional, produción e desenvolvemento corporativo. É vogal en Barcelona Audiovisual e na Asociación Estatal de Cine (AEC).
Formación específica: Diplomado en Ciencias Empresariais. Programa Máster en dirección xeral EADA (1996).
FILMOGRAFÍA
- Cos pés na terra (2011)
- O Camiño (2009)
- O premio da rubia (2008)
- Pérez 2, o ratiño dos teus soños (2008)
- Nocturna (2007)
- Historia dunha parroquia (2007)
- Donkey Xote (2007)
- Pérez, o ratiño dos teus soños (2006)
- Gisaku (2005)
- Proxecto Cassandra (2004)
- Pinocho 3000 (2004)
- O Cid, a lenda (2003)
- Romasanta, a caza da besta (2003)
- Dagon, a seita do mar (2001)
- A Terra do Fogo (2000)
Documentos
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Carlos Fernández (40)
Data: 19 / 3 / 2024
Unhas xornadas estudan as novidades ao redor das vilas romanas de Gallaecia
Data: 8 / 11 / 2023
Premio Reimóndez Portela de xornalismo para Carlos Fernández Coto
Data: 22 / 4 / 2019
Os II Encontros Arquitectura e Literatura reúnen a arquitectos e artistas plásticos ao redor da lectura
Data: 30 / 1 / 2019
Memorias de un hombre en pijama suma un premio Gaudí ao seu Palmarés
Data: 4 / 1 / 2019
Chega aos cinemas Memorias de un hombre en pijama