Os II Encontros Arquitectura e Literatura reúnen a arquitectos e artistas plásticos ao redor da lectura

Comezan o martes 23 de abril

Comezan o martes 23 de abril
Cartel do evento.
A biblioteca da Fundación Granell, en Santiago de Compostela, acolle mañá, martes 23 de abril e o vindeiro 8 de maio, ás 19 horas os dous días, as sesións do "II Encontro Arquitectura e literatura. Páxina Par", que se organiza en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Desta volta, en cada unha das sesións dous arquitectos e dous artistas plásticos reflexionan ao redor das lecturas elixidas e abren o debate ao público. Este martes, intervirán os arquitectos Elena López Fernández e Carlos Fernández García, canda as artistas Montse Rego e Mónica Mura. Na seguinte sesión, o 8 de maio, participarán os arquitectos Manuel Carbajo e Idoia Camiruaga e os artistas Jorge Varela e María Meijide.