O arquitecto e presidente da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego, (Apatrigal), Carlos Henrique Fernández Coto ven de resultar proclamado como vencedor do XXVIII Premio Manuel Reimóndez Portela de xornalismo. O xurado foi unánime ao recoñecer o artigo de Fernández Coto 'A revolución tranquila', publicado nos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo, de entre os 34 traballos de 12 autores e autoras que concorreron este ano. No seu artigo, o gañador, trataba sobre a Praza da Feira , a súa remodelación e o seu entorno. O xurado xustificou a súa elección "pola actualidade e vixencia na temática e polo esforzo do autor por facer comprensible para un público non especializado o alcance e significado da intervención". A dotación económica do Premio será de 1.000 euros e farase entrega do mesmo este venres, 10 de novembro.