![Carlos Fernández Santander Imaxe:Sellier Film Festival](imaxes/edicion/carlos fernandez santader.jpg)
O programa deste ano está dedicado á conmemoración do 90 aniversario da produtora británica de filmes de terror Hammer Films coa proxección de ta oito das mÃticas pelÃculas de monstros desta produtora, sobre personaxes como Frankestein, a momia, Drácula e outras, algunhas delas proxectaranse na súa dobraxe ao galego. O formato clásico de Super-8, do que este celébrase o 60 aniversario, terá tamén moito protagonismo nesta edición. Sobre el vai o Certame Internacional convocado polo festival e do que se proxectarán os tres filmes finalistas. Ademais as actividades inclúen cun curso gratuÃto de iniciación a este formato.
Premio Sellier a Carlos Fernández Santander
Outro dos detalles deste ano é a homenaxe que o festival organizado polo Club Sellier, Cinemateca de Galicia rende a unha figura da cidade vencellada ao sétimo arte. Nesta ocasión será o historiador, xornalista e realizador Carlos Fernández Santander, o receptor deste Premio Sellier de Cine. A xornada inaugural ofrecerá a proxección de dous dos seus máis de 54 documentais rodados, o dedicado a "El desastre del Urquiola" e a estrea do inédito "Apogeo y ocaso del III Reich". O festival outórgalle esta distinción "pola súa contribución invalorable ao cine documental en Galicia, con máis de medio ceno de tÃtulos (avalados por premios) e a súa dedicación á preservación da nosa historia, coa intención de que o seu legado cinematográfico sexa coñecido tan ben como o literario, de forma que continúe inspirando a futuras xeracións de cineastas e historiadores".