Actriz
Nome completo: Isabel Naveira Ferreiro
A Coruña 1975
Comezou a súa carreira interpretando curtametraxes da EIS da Coruña. Como profesional iniciouse co papel de Ana Mouzo, unha das protagonistas da exitosa Mareas Vivas. Participou tamén noutras teleseries da TVG como Rías Baixas (cap.143-152), na serie documental Cibernatura e nos telefilmes Chapapote.. o no e La Atlántida. Aínda que é na TV onde desenvolve o seu maior volume de traballo, continúa a aparecer en curtas como Viaxe a Finlandia e Quérote mal.
Premios e recoñecementos: Por Quérote mal, premio AISGE á mellor actriz no Festival de Cine de Ourense 2005. Polo mesmo traballo recibiu outros tres galardóns nos festivais de Cans, Noia e Villaviciosa de Odón.
Formación específica: Curso de iniciación ao teatro con Manuel Lourenzo. Curso de iniciación ao teatro en Danthea. Estudios teatrais en Espacio Aberto. Cursos específicos: Improvisación, Cabaret e Máscara neutra.
FILMOGRAFÍA
- Concepción Arenal, a visitadora de cárceres (2012)
- Anos despois (2010)
- Ata a cociña (2010)
- Mar libre (2009)
- Matalobos (2009)
- Relación de acordes (2009)
- Patrimonio Hº: Castro de Viladonga (2008)
- Valderrei (2007)
- Sen chumbo (2006)
- Viaxe a Finlandia (2005)
- Quérote mal (2005)
- Chapapote... ou non (2005)
- O agasallo de Silvia (2003)
- As leis de Celavella (2003)
- O lapis do carpinteiro (2002)
- Fíos (2001)
- Pequeno Hotel (2001)
- Terra de Miranda (2001)
- Cibernatura (2001)
- Rías Baixas (1999)
- Mareas vivas (1998)
Videos | Ver 9 videos de Isabel Naveira
-
Anuncio do episodio 72 de Matalobos -
Anuncio do episodio 50 de Matalobos -
Anuncio de Anos despois -
Promoción da terceira temporada de Matalobos -
Anuncio do episodio 33 de Matalobos -
Anuncio de Mar libre -
Patrimonio Hº: Castro de Viladonga -
Quérote mal -
Un camiño de estrelas, unha cidade de cine (vídeo)
Galería de imaxes | ver As 3 fotos de Isabel Naveira
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Isabel Naveira (7)
Data: 19 / 7 / 2024
Fondo pesar pola inesperada morte de Xabier Deive
Data: 28 / 4 / 2023
Hoxe chega aos cines FATUM de Juan Galiñanes
Data: 18 / 6 / 2020
María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso escriben para UNICEF un relato sobre a pandemia
Data: 24 / 3 / 2020
A actriz Isabel Naveira premiada en Brasil pola curtametraxe 'Cafeina'
Data: 14 / 1 / 2020
A serie 'Néboa' de Voz Audiovisual fai presentación en Madrid