Actriz
Nome completo: Mercedes García Castro
Pontecesures (Pontevedra)
Web propia
Actriz que desenvolve a súa carreira fóra de Galicia desde os anos oitenta. Traballou en teatro, cine e televisión. Colaborou en numerosas longas como “Pídele cuentas al rey” (J. Antonio Quirós, 2000) ou “Incautos” (Miguel Bardem, 2004), e noutras de produción galega. Realizou papeis en numerosas teleseries de ficción para TVE (“Turno de Oficio”, “Cuentame como Pasó”), Antena 3 (“Todos los hombres sois iguales”) e Tele 5. Tamén ten desenvolvido tarefas de axudante de casting, asistente teatral e “coach” persoal.
Premios e recoñecementos: Ten sido nominada dúas veces aos premios da Unión de Actores de Madrid polos seus traballos en teatro. Recibiu o galardón á mellor interpretación feminina no Festival de Cortos de Mula (Murcia 2003) por “A petición de man”.
Formación específica: Licenciada en Arte Dramático pola R.E.S.A.D., conta con cinco anos de estudos de interpretación no Instituto Juan Carlos Corazza en Madrid. Ten realizado múltiples cursos de interpretación, traballo corporal, dramaturxia e voz con especialistas españois e estranxeiros como Augusto Fernández, Lidia García, Mariano Barroso ou Bettina Weissman.
FILMOGRAFÍA
- Heroína (2005)
- A petición de man (2004)
- Para que non me esquezas (2004)
- Periodistas (2001)
- Blanca Madison (2000)
- Hospital Central (2000)
- Policías, no corazón da rúa (2000)
- Flores de outro mundo (1999)
- Mans á obra (1998)
- Dame algo (1997)
Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Mercedes Castro
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Mercedes Castro (8)
Data: 29 / 4 / 2019
A danza celebra o seu día mundial
Data: 12 / 3 / 2019
Renóvase o cadro directivo do Culturgal
Data: 11 / 2 / 2019
Dez actrices para a obra de produción propia do CDG
Data: 3 / 4 / 2018
Eme2 estrea 'A Leituga' no Teatro Rosalía da Coruña
Data: 7 / 7 / 2015
Escena Galega inicia etapa a duplicar as compañías asociadas