A danza celebra o seu día mundial

A Deputación da Coruña leva o baile ás estacións e aeroporto de Santiago

Como cada ano desde 1982, este 29 de abril celébrase o Día Internacional da Danza e desde varias institución públicas lévanse acabo accións desde o venres pasado para reivindicar a importancia artística e cultura desta arte e por todo o territorio estará presente a danza de diferentes xeitos. A Deputación da Coruña impulsa hoxe un programa de accións conmemorativas da efeméride que a través do nome Danza en Tránsito achega esta disciplina aos recintos de paso dos transportes públicos da capital galega. O aeroporto Rosalía de Castro e as estacións de autobús e tren de Santiago será os escenarios onde a danza estará presente en diferentes modalidades, desde a contemporánea á danza urbana, swing ou danza tradicional grazas a á cooperación con compañías e asicaicións como Cantigas e Agarimos, Compañía IO, Vella Escola, Can Cun Quinqué, Fundación Down • USC ou Traspediante. Tamén en Lugo, onde a VIII Semana da Danza está vixente desde o venres pasado, hoxe terá lugar ás 20:30 horas, Fusión en Danza, coa Escola Tradi Oxeito, Victorial Gil Danza&Escena, Escola de Baile Mercedes Castro, Escola de Danza Teresa Neri e Escola de Danza Star Dance e mañá tamén haberá actividades.