Renóvase o cadro directivo do Culturgal

Victor López, de EGANET, confírmase como presidente para os vindeiros dous anos

Victor López, de EGANET, confírmase como presidente para os vindeiros dous anos
Nova directiva do Culturgal. Foto: Culturgal
A asociación Culturgal renovou a súa directiva de cara a vindeira feira, que se celebrará do 29 de novembro ao 1 de decembro como xa é tradicional en Pontevedra. A nova directiva estará presidida por dous anos por Víctor López, representante de EGANET (Empresas Galegas adicadas a Internet), quen xa exercía o cargo de maneira interina. VAnno acompañar Mercedes Castro de Escena Galega, Henrique Alvarellos pola Asociación Galega de Editores, Uxía Caride de Asociación galega de Produtoras Independentes, e Beatriz Fernández, da Asociación Galega de Empresas Musicais. A xestión do Culturgal vai seguir sendo levada por Xosé Aldea.