Actor
Nome completo: Xoán Cejudo Álvarez
A Coruña 1947
Actor, autor e director de teatro fundamentalmente. A súa traxectoria profesional comeza a mediados dos 60 co grupo “O Facho”. Tras traballar con diferentes compañías, en 1984 comeza a colaborar co CDG tanto interpretando como dirixindo diferentes produccións. Tamén foi profesor de teatro no Liceo Angloespañol de Madrid nos anos oitenta. No medio audiovisual producíu unha curtametraxe en 1975. Así mesmo, traballa como actor e guionista en longametraxes desde a segunda metade dos 90, e como intérprete en series de ficción da TVG a fins desta década.
Premios e recoñecementos: Recibiu diversos premios como actor e director de teatro, entre eles, en 2011, o Premio de Honra Marisa Soto, galardón outorgado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).
Formación específica: Realizou cursos de dirección e interpretación teatral con José Estruch e Foniatría, así como de expresión corporal.
FILMOGRAFÍA
- Vacas, porcos e zapatos de tacón (2010)
- Dies dei (2009)
- Hai que botalos (2005)
- O agasallo de Silvia (2003)
- Blanca Madison (2000)
- O río tén mans (2000)
- Rías Baixas (1999)
- O coxo (1999)
- Se o sei non veño (ó meu propio enterro) (1999)
- O tesouro (2) (1997)
- O matachín (1996)
- Cabeza de boi (1996)
- Televapor (1995)
- Mofa e Befa en Gran Liquidación (1995)
- A todo tren (1995)
- O párroco embaucado (1993)
- Morrer no mar (1984)
- Fendetestas (1975)
Galería de imaxes | ver As 3 fotos de Xan Cejudo
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Xan Cejudo (5)
Data: 28 / 9 / 2018
Falece Xan Cejudo, home clave do teatro galego
Data: 31 / 10 / 2012
Mofa&Befa (e amigos) póñense románticos
Data: 10 / 5 / 2011
Quico Cadaval leva o Max a mellor autor teatral en galego
Data: 10 / 3 / 2011
A asociación de actores concede a Xan Cejudo o seu premio de honra
Data: 19 / 9 / 2006
O Concello de Padrón acolle a entrega dos premios Maruxa Villanueva e Camilo José Cela