Quico Cadaval leva o Max a mellor autor teatral en galego

Impúxose con Shakespeare para ignorantes a Eduardo Alonso e Santiago Cortegoso

A única categoría dos premios Max que tiña candidatos do noso país, a de Mellor autor teatral en galego, foi para Quico Cadaval. O seu traballo en Shakespeare para ignorantes permitiulle imporse a Eduardo Alonso e Santiago Cortegoso, os outros aspirantes ao galardón. Ao recoller o premio, Cadaval, que fixo boa parte da súa intervención en galego, quixo compartilo con Xan Cejudo e mais Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.