Actriz
Nome completo: Lucía Regueiro Taboada
A Coruña 1982
Debutou de adolescente en "Mareas Vivas". Deuse a coñecer na pequena pantalla participando tamén noutras teleseries: Interpretou o papel de María Cabanas, papel secundario fixo de "Libro de Familia". Saiu tamén nos episodios 42 e 45 de "A vida por diante", como Clara. Fixo de Nerea no telefilme "A mariñeira". Ademais de colaborar habitualmente en diferentes curtametraxes, actúa con compañías teatrais como Teatro do Atlántico, Espello Cóncavo, Teatro do Aquí ou o CDG.
Premios e recoñecementos: Premio Mellor Actriz Xuvenil n o IV Certame de teatro "Candilejas Don Bosco" (A Coruña 2001).
Formación específica: Curso de especialización teatral e audiovisual (Universidade da Coruña 2004). Musicalmente ten formación como violinista.
FILMOGRAFÍA
- Ata a cociña (2010)
- Amor ansioso (2010)
- Illa pedra (2010)
- Confidencias dunha cama (2010)
- Empatía (2009)
- A Mariñeira (2007)
- A vida por diante (2006)
- Libro de familia (2004)
- Mareas vivas (1998)
Videos | Ver 3 videos de Lucía Regueiro
Galería de imaxes | ver As 4 fotos de Lucía Regueiro
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Lucía Regueiro (5)
Data: 18 / 6 / 2020
María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso escriben para UNICEF un relato sobre a pandemia
Data: 11 / 2 / 2015
Quiosco: Revista Actúa número 41
Data: 25 / 2 / 2013
O Laboratorio de Teatro convoca un cásting para o Día das Letras Galegas
Data: 13 / 9 / 2011
Quiosco: Paraíso, número 10
Data: 19 / 1 / 2011
Atlántico na memoria