Atlántico na memoria

Teatro do Atlántico presenta unha historia de amor no contexto da emigración e da guerra civil

Foi premio Abrente para textos teatrais en 2006 e o seu autor, Roberto Salgueiro, quixo poñela el mesmo en escena. Pero ao final, cinco anos despois da súa escrita, foi a compañía de Xulio Lago, Teatro do Atlántico, quen conseguiu levar as táboas esta historia protagonizada por María Barcala e Lucía Regueiro. Memoria de Helena e María que chega mañá ao Salón Teatro de Santiago conta o drama dunha familia. “Unha historia de amor no contexto da Guerra Civil” explica Xulio Lago , director desta montaxe coa que Teatro do Atlántico celebra os seus 25 anos sobre os escenarios.

Ficha artística
Título: Memoria de Helena e María
Compañía: Teatro do Atlántico
Autoría: Roberto Salgueiro
Dirección: Xúlio Lago
Escenografía: Rodrigo Roel
Iluminación: Xúlio Lago
Vestiario: Susa Porto
Música: Fran Pérez "Narf"
Elenco: Lucía Regueiro, María Barcala

Ficha técnica
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 80 minutos
Público preferente: Adulto