Quiosco: Paraíso, número 10

Eduardo Alonso centra o número dez da revista Paraíso

É a publicación da Rede Galega de Teatros e Auditorios que edita Agadic. Paraíso acaba de editar o número 10 que leva á portada as mulleres do teatro galego. Marián Bañobre, Victoria Pérez, Montse Piñón, Lucía Regueiro, Marta Ríos e Vanesa Sotelo son guapas, profesionais que roldan a trintena e se dedican ao teatro. A entrevista desde número céntrase na figura de Eduardo Alonso que fala da “maldición” de facer teatro cando cumpre corenta anos na profesión. O número tamén recolle a actualidade marcada polas noticias sobre as flutuacións financeiras e a contestación cidadá que afectan ao teatro galego.

Paraíso, 10.