Juan Pinzás / Dirección

Juan Pinzás

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Juan Pinzás
Juan Pinzás
Dirección
Nome completo: Juan Pinzás Cerqueira
Vigo 1955   



O primeiro director “Dogma” español comezou no mundo das curtametraxes entre os anos 77 e 80 traballando no formato Super-8. En 1981 deu o salto ó formato profesional en 35mm, realizando ata 1984 dezaoito curtas. Ese ano fundou con Pilar Sueiro a productora Atlántico Films e dirixiu a súa primeira longa. A súa adscrición ó Dogma’95 chegaría en 2000 con “Era outra vez”. Primeiro filme dunha triloxía encadrada no movemento promovido por Lars Von Trier, ó que seguiría “Días de voda”, a súa quinta longametraxe.

Premios e recoñecementos: A súa curta “Homo Hominis Opus I”, recibiu unha mención especial no Festival Internacional de Cine de Bilbao. A súa longa “O xogo das mensaxes invisibles” é premiada como mellor película no Festival Internacional de Cinema de Figueira da Foz, Portugal (1992). O seu filme “A lenda da doncela”, gaña os premios “Colón de Plata” no Festival de Cine Iberoamericano de Huelva, e os premios á mellor película no Festival de Cine Hispano de Miami (1996) e ó mellor guión e á mellor fotografía na Semana Internacional de Cine Fantástico de Estepona (2000). XVII Premio Nacional de Cinematografía Cultura Viva (2007) otorgado pola Asociación Cultural Cultura Viva de Madrid.


FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Juan Pinzás

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Juan Pinzás (22)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org