Dirección
Nome completo: Notice: Undefined offset: 1 in /var/www/html/cultura/html/avg/persoas_detalle.php on line 361 Anxo Fernández Rodríguez
Lugo 1961
Traballou por conta propia para diversas produtoras asumindo tarefas de guión, realización e produción de diversos spots e videos promocionais en Betacam Dixital. Na actualidade desempeña todos estas tarefas para a súa propia compañía, realizando tamén longametraxes, curtas e documentais. Cofundou o Grupo Cinematográfico Xuvenil de Fonmiñá en Lugo e colaborou con diversas curtametraxes do grupo “Punto de Mira” na mesma cidade, na que tamén promoveu os grupos de teatro Girena e Sollegna.
Formación específica: En 1979 realizou o Curso de Dirección de Cine en 35 mm no Instituto de Cine de Madrid. A mesma materia estudouna nun curso da Escola da Generalitat de Barcelona. Tamén en Cataluña, en concreto en Tarragona, desenvolveu un curso de monitor de cine para menores. No Stage Nacional de Cine de Oviedo en 1980 acudiu ao curso de dirección de cine en 35 mm de Ricardo Franco, Jaime Chávarri, Gonzalo Suárez e Luis G. Berlanga. Tamén ao curso de guión cinematográfico no mesmo stage, con Jaime de Armiñán e Mario Camus, e ao curso de montaxe de Teo Escamilla. En 1999 estudou dobraxe ao galego con Anxos Ferradáns en Santiago de Compostela. En 2003 formouse como técnico en produción de programas de TV no Instituto do Cine de Madrid. Acudiu ás Xornadas Cine frente a Video, no CGAI na Coruña. Cursou realización en TV polo FOREM, na Facultade de Xornalismo de Santiago.
FILMOGRAFÍA
- Os 15.000 de Newark (2006)
- O tren que me leva (2004)
- As outras cooperativas (2004)
- Cooperativas agrarias (2004)
- Cooperativas de traballo asociado (2004)
- Xa (2003)
- Extralimitacións (1979)
- Estraño medo rebelde (1978)
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Anxo Fernández (64)
Data: 8 / 5 / 2024
Pontevedra será a nova sede dos Premios Feroz
Data: 19 / 5 / 2023
O Carballiño disporá dun roteiro dedicado ao detective de ficción Frank Soutelo
Data: 2 / 12 / 2021
Pontevedra finaliza a compra de Santa Clara
Data: 6 / 5 / 2021
Pontevedra adquire o convento de Santa Clara por 3,2 millóns de euros
Data: 3 / 12 / 2020
Estréase na sala Ártika o proxecto 'Cambio de foco' de investigación escénica