O Carballiño disporá dun roteiro dedicado ao detective de ficción Frank Soutelo

É o protagonista das novelas negras de Miguel Anxo Fernández

19/5/2023 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces
O crítico de cine, profesor e novelista Miguel Anxo Fernández é o autor dunha celebrada serie de novelas negras que comezaron no 2002 con Un nicho para Marilyn e continuaron desde entón ata a última e moi recente entrega, A conxura dos sete (Galaxia, 2022). O seu protagonista, Frank Soutelo, é un detective norteamericano con vencellos familiares en Muros e en Soutelo de Montes, pero unha significativa parte das novelas acontecen no Carballiño. Ese é o motivo para que a empresa de deseo OZOCOgz e a profesora Mariña Arbor, co apoio do concello do Carballiño, instale siluetas a tamaño natural das personaxes que habitan este universo de ficción e placas explicativas. O proxecto, dividido en dúas fases, contemplan as siluetas de tres personaxes, Soutelo, Franeiras e Dalia Maxino, e 25 placas repartidas pola vila. Os promotores do proxecto están considerando estendelo a outras localizacións.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Conceptos