Miguel Anxo Fernández: "O xénero negro está nun momento excelente"

O autor presentou Tres disparos e dous friames

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

As aventuras de Frank Soutelo, o detective galego asentado en Los Ángeles contan xa cunha nova entrega. Tres disparos e dous friames é o título da novela que presentaba esta mañá Miguel Anxo Fernández en Compostela. Esta historia ambientada no mundo do cine pecha, segundo o autor, unha primeira triloxía deste investigador. Fernández asegurou que está xa traballando na vindeira novela, que traerá a Soutelo de volta a Galicia. Para saber máis sobre a novela e o autor, olla o noso video.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Anxo Fernández, Xénero, Cine, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Conceptos