Miguel Anxo Fernández faise co XXXV Blanco Amor de novela longa

O grupo Licalaterna gaña o 1º Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados

28/11/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O escritor e crítico cinematográfico Miguel Anxo Fernández fíxose co XXXV Premio Blanco Amor de novela longa pola súa obra Blues para Moraima, unha novela pola que o autor recibirá 12.000 euros e que destaca, segundo o xurado, pola súa "axilidade narrativa, o tratamento histórico dunha época e a introdución do tema do cine e da televisión como canle de desenvolvemento dunha intriga que atrapa ao lector". O xurado estuvo integrado polo poeta Luis González Tosar, que actuó como presidente, a crítica literaria Ánxela Rodríguez, como secretaria, e os profesores Ramón Gutiérrez e Luciano Rodríguez e a escritora Inma López, en condición de vocais.

Pola súa banda, o grupo Licalanterna fíxose co 1º Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados co seu texto "Mensaxe dende o silenzo", poema do libro O soño sulagado. Pódese escoitar aquí:

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Anxo Fernández, Cine, Celso Emilio Ferreiro, Poemas...