A Fundación Celso Emilio daba a coñecer esta fin de semana o ditame da segunda xeira do Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados. O grupo vigués Son TrÃo foi o vencedor deste certame coa súa versión musicada de Un dÃa, poema incluÃdo na obra Viaxe ao paÃs dos ananos do autor celanovés. O premio, que a fundación convoca de xeito bienal, está dotado con 3.000 euros en metálico e unha peza de bronce. O grupo está formado por Katerina Linke, Su Garrido Pombo e Susanna Blanco. A fundación anunciara o pasado novembro a suspensión do certame pola baixa participación, recuperando a iniciativa cun novo prazo de presentación a final dese mesmo mes.