Ángel de la Cruz dirixirá a adaptación audiovisual das historias do detective Frank Soutelo

É a personaxe creada por Miguel Anxo Fernández

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Un nicho para Marilyn(Galaxia) é a novela que veu nacer a personaxe de Frank Soutelo, un particular detective que naceu en California pero de pais galegos. Agora, cando a personaxe vive a súa cuarta aventura (a cuarta novela está titulada Lume de cobiza) relacionada coa especulación urbanística relacionada coa vaga de lumes do ano 2006, anúnciase a súa versión audiovisual. Será Ángel de la Cruz o encargado de transformar en imaxes as aventuras de Soutelo. Terá forma de 33 capítulos a modo de road movie e o proxecto está en fase de busca de financiamento.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O retorno de Leo Caldas

A praia dos afogados recupera un dos personaxes de máis éxito da narrativa recente

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Anxo Fernández, California, Editorial Galaxia

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares