Pontevedra adquire o convento de Santa Clara por 3,2 millóns de euros

O inmoble de orixe medieval reúne diferentes pezas de gran valor artístico

O inmoble de orixe medieval reúne diferentes pezas de gran valor artístico
O convento de Santa Clara, un importante edificio relixioso de orixes medievais ubicado no casco urbano pontevedrés, pasará a propiedade municipal tras anunciar o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Loras, a súa adquisición a cargo dos orzamentos municipais por 3,2 millóns de euros. O mosteiro, fundado a finais do século XIII, garda unha importante memoria vinculada á cidade ao longo de todos estes séculos e estivo habitado por unha comunidade de monxas ata o ano 2017. Entre os numerosos obxectos de arte que garda o mosteiro, figuran catro retablos barrocos e neoclásicos do século XVIII, un órgano de finais deste século, un tímpano policromado do século XV, un blasón da guerra da Independencia levados na batalla de Ponte Sampaio ou un cadro de Luca Giordano. Lores sinalou que hoxe "é un día histórico para Pontevedra".