Guionista
Cans (Pontevedra) 1969
Ten desenvolvido a súa carreira na televisión autonómica e na delegación galega de TVE. Director do popular programa “Onda Curta” da Galega, tamén é o principal impulsor do coñecido festival de curtas de Cans (O Porriño). Traballa en diversos medios de comunicación desde 1987 e desde 1995, como guionista en espazos como o magacíns de TVE-G “¡Que serán!” (1999) e “Boa tarde” (2000), e en ámbitos de dirección como no concurso musical “Éxito” (2002). Ademais de director e guionista, o seu labor en ocasións lévao ao definir estruturas e deseño de contidos como no caso do “docu-reality” Criaturas. Tamén é colaborador en temas musicais, de cinema e televisión na edición galega do xornal “El País”. Nomeado vogal da Asociación Galega de Guionistas (AGAG) en 2011.
Formación específica: Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC.
FILMOGRAFÍA
- Banda curta (2009)
- Noitemóbil (2006)
- Onda curta (2005)
- Máxima audiencia (2004)
- Gran verbena (2003)
- Fíos (2001)
Galería de imaxes | ver As 3 fotos de Alfonso Pato
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Alfonso Pato (16)
Data: 8 / 5 / 2024
David Trueba, María Vázquez e Kepa Junquera pasarán polo XXI Festival de Cans
Data: 19 / 8 / 2021
Cans vai a por todas coa XVIIIª edición
Data: 28 / 11 / 2019
María Fumaça presenta 'O veleiro verde'
Data: 16 / 11 / 2017
Vigo acolle o congreso Cultura e Igualdade
Data: 2 / 5 / 2017
A ICCWEEK achegará a Ourense a expertos dos sectores cultural e creativo