A primeira xeira do congreso Cultura e Igualdad, unha iniciativa estatal que quere promover a mellorar da situación das mulleres no ámbito cultural, bota a andar mañá en Vigo. O Auditorio Mar de Vigo acolle este venres a primeira das dúas xornadas da iniciativa, que se centra nesta ocasión na problemática da igualdade no sector audiovisual. A actriz Berta Ojea dirixe esta edición na que se abordarán mediante diferentes mesas redondas cuestións como "PolÃticas e plans de igualdade para a industria cultural", "A igualdade de xénero no sector audiovisual", ou "Cómo ser guionista ou directora e non morrer no seu intento". No programa, nomes coñecidos do sector galego como Emma Lustres, Miguel de Lira, UxÃa Blanco, Alfonso Pato, Chus Gutiérrez ou Jorge Coira. Ojea anunciou que as conclusión do encontro presentaranse publicamente na "Declaración de Vigo".