"Trátase de elevar a voz para facer visible un gran problema en sectores aparentemente avanzados da cultura coma o teatro ou o audiovisual", sinalou MarÃa Armesto, unha das voceiras do Observatorio da Igualdade das Artes Escénicas e Audiovisuais, unha iniciativa presentada hoxe no Consello da Cultura Galega por parte de dez entidades gremiais e profesionais. E ese problema resumiuno a outra voceira, Tamara Canosa, a partir de datos: "só unha muller levou o premio a mellor directora nos premios Mestre Mateo, só dúas das últimas catorce longas estreadas en Galicia foron dirixidas por mullleres, só un 8% dos espectáculos do CDG tiveron mulleres directoras". A situación é a situación de desigualdade das mulleres no ámbito laboral do audiovisual.
O Observatorio nace con tres obxectivos: implicar ás entidades profesionais das artes escénicas e do audiovisual na implementación de estratexias de igualdade, analizar a situación sociolaboral das mulleres nestes sectores e formentar a igualdade mediante propostas concretas. Segundo sinalaron os representantes na rolda de prensa, estas iniciativas comezarán a partir do estudo da situación sociolaboral das mulleres nestes ámbitos para visibilizar a súa situación.
As entidades participantes son a Asociación Galega de Produtoras Independentes, Academia Galega do Audiovisual, Escena Galega-Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales, Asociación Galega de Dramaturxia, Observatorio Galego do Audiovisual, Asociación Galega de Guionistas e Asociación de Festivais de Artes Escénicas de Galicia.