As mulleres do audiovisual reúnense en Santiago para mellorar a súa presenza no sector

Co resultado e as propostas debatidas elaborarán a Carta de Compostela

4/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Só o 7% dos directores de cine que hai en España son mulleres, dos guionistas só o 15% e das produtoras só o 20%. Estas son as cifras que motivaron que CIMA, a asociación que reúne a todas as profesionais do sector (agora tamén actrices), organizase un congreso para coñecer se a situación é igual en toda Europa e que se pode facer para mellorala. O caso da televisión, as políticas públicas de igualdade nesta materia, o eido cinematográfico, os novos medios e formatos son algunhas das sete áreas temáticas nas que se agrupa este encontro que arrinca mañá. Dous días abertos ao público cuxos resultados se plasmarán na Carta de Compostela, que conterá as peticións e demandas concretas das mulleres do sector.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Cine, Igualdade, Europa

Claves

Lugares