As mulleres cineastas debaterán en Santiago a desigualdade no seu traballo

A cita terá lugar do 5 ao 7 de maio

5/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Só un 7% dos directores de cine en España son mulleres, un 15% guionistas e un 20% produtoras. Estas cifras evidencian a desigualdade que se vive no sector audiovisual. Como solucinalo é o obxectivo do Encontro Internacional “Mulleres do Audiovisual Europeo” que organiza a Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais (CIMA) entre o 5 e o 7 de maio en Santiago. Foros de debate, mesas redondas son algunhas das actividades deste encontro ao que asistirán unhas corenta ponentes como Isabel Coixet e Iciar Bollaín e que contará con destacada presenza galega.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Cine, Asociación de Mulleres Cineastas

Claves

Conceptos