Só o 9% das pelÃculas se producen en España son feitas por mulleres. Se buscamos un pouco máis alá e ampliamos a outras facetas como guión e produción, vemos a porcentaxe aumenta ata un 19%. Son cifras que ofrece a Asociación de Mulleres Cineastas e Medios Audiovisuais que revelan que a creación audiovisual é exclusivamente masculina. Hoxe achegámonos ao traballo das directoras galegas neste mundo dominado por eles (pero cada vez menos).
Margarita Ledo, Manane RodrÃguez, Paula Cons, Sandra Sánchez Cachaza, Olalla Sendón, Susana Rey, Sonia Méndez, Eva Quintas, Beatriz Santana, Bea del MonteÂ… e poucas máis. Son os nomes (en feminino) da dirección no noso paÃs. Se sumamos todos os seus traballos (como directoras, claro está) non chegamos nin a unha cincuentena. E o curioso e que é precisamente agora cando moitas están preparando o seu salto á longametraxe. Falamos con tres delas para coñecer as súas pequenas vitorias e a súa ollada sobre o sector.
Chanzo a chanzo
Cada unha garda na súas propias carnes pequenos grandes fitos. Paula Cons foi a primeira muller en saÃr á rúa para gravar no marco do coñecido programa Caiga Quien Caiga (CQC) mentres que Olalla Sendón foi a primeira directora galega que levou ao Festival de Cine de Málaga un documental feito practicamente sen orzamento e gravado con medios caseiros de xeito totalmente artesanal. “Cheguei ao CQC, que era un programa de homes que estaba dirixido, producido e presentado exclusivamente por homes e fun a primeira muller que gravou na rúa unha das pezas, que era o máximo nivel de status do programa” apunta Paula Cons que, de seguido, pasou a ocupar postos de responsabilidade. No seu currÃculo figura desde encargase do Proteste Ya no CQC ou o Método Gonzo para dirixir agora a serie documental Trece Badaladas para Televisión de Galicia.
Existen outros puntos de conexión entre as directoras consultadas. Todas elas teñen formación universitaria (licenciadas en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual) e, nalgún momento da súa carreira, estiveron fóra de Galicia. Olalla Sendón estudou Comunicación Audiovisual en Barcelona porque “naquel momento non se podÃa cursar aquÔ; Paula Cons traballou en Madrid e Eva Quintas ten previsto facer un mestrado en dirección no estranxeiro grazas a unha bolsa da Fundación Barrié de la Maza. “Foi un paso fundamental, pero non só a nivel profesional senón tamén persoal” apunta Paula Cons. Alude asà aos ciclos vitais das directoras, á dificultade compatibilizar as súas aspiracións persoais coas profesionais que sempre supón un handicap. No caso de Paula hai que engadir que, quixo a casualidade que regresara a Galicia da man dunha muller (Sonia Barros) para dirixir un proxecto cun equipo capitaneado tamén por outra muller (Teresa DÃez).
Un punto de inflexión
“Creo que o audiovisual é un mundo masculino por antonomasia, aÃnda que pouco a pouco, as mulleres estamos gañando certo terreo, non moi significativo pero que seguro abrirá camiño a xeracións posteriores” asà de claro fala Eva Quintas, unha das directoras máis novas do sector audiovisual. Con apenas vinte e cinco anos ten no seu currÃculo seis curtametraxes (dúas como directora) que suman abondosos premios. E neste punto, de abrir camiño, están case todas. Sandra Sánchez, curtida na realización para televisión, rodou este verán a súa primeira longametraxe como directora, Tralas luces; Susana Rei, coñecida pola súa premiada As cousas do Kulesov, está a preparar o salto á longa (para a que conseguiu unha axuda a desenvolvemento); e Olaia Sendón ten o seu terceiro documental en camiño. Co seu traballo están aboando o terreo para o futuro. Non só polo feito de incrementar as porcentaxes que recolle a Asociación de Mulleres Cineastas e Medios Audiovisuais, senón porque achega unha forma propia de ollar cara os temas e de reflectir outra forma de entender o audiovisual ata agora case inédita no noso paÃs.
Non pasarÃa dunha simple anécdota senón fora porque serve de espello da realidade do sistema audiovisual establecido. Pero algúns dos modelos cara os que ollan estas directoras son Won Kar Wai, José Luis GuerÃn, Alfred Hitchcock, Jean Pierre Jeunet, Woody Allen, JoaquÃn Jordá... ningunha muller.