As mulleres do audiovisual crean unha asociación para defender a súa presenza no sector

A entidade organizará unha mostra de Cine de Mulleres

29/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Hai tres anos creouse unha asociación de carácter estatal co obxectivo de por en valor o papel da muller no sector audiovisual. Chámase CIMA e neste tempo púxolle cifras á situación: só o 7% son directoras, o 15% guionistas e o 21% produtoras. Esta entidade conta, desde hoxe, con delegación en Galicia. Entre as actividades previstas figura a de denunciar os incumprimentos en materia de xénero, apoiar a Administración para que realice políticas que promovan a presenza feminina no sector; organizar unha mostra de cine con filmes dirixidos por mulleres que se proxectará nas sete cidades, e contar cun portal web que sirva como punto de encontro. A delegada en Galicia desta entidade é Chelo Loureiro e, como suplente, Marta Villar.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Cine, Marta Villar, Xénero

Claves

Protagonistas