Andaina promove un festival de cine feito por mulleres

A cita terá lugar do 20 ao 22 de novembro en Santiago

3/11/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Cartel o Mufest, festival de cine feito por mulleres

Existe unha carencia de mulleres directoras. Segundo os datos de CIMA, Asociación de Mulleres Cineastas e Medios Audiovisuais, o 8% das películas que se producen no Estado están feitas por mulleres. Para tentar modificar esa situación, a Asociación Andiana organizao MUFEST, o I Festival de Cine feito por Mulleres, que se celebrará no Auditorio de Galicia os días 20, 21 e 22 de novembro. O encontro conta tamén cun certame, no que as mulleres interesadas poden enviar os seus traballos (en DVD antes do 15 de novembro). Alí, autoras, produtoras, guionistas… compartirán as súas experiencias no mundo audiovisual.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Cine, DVD, Asociación de Mulleres Cineastas...