Malia que xa viña deixando caer desde fai semanas moitas novas en forma de destinatarios dos seus premios de honra, o Festival de Cans presentou oficialmente a décimo oitava edición onte. Unha demostración de resistencia e empuxe cunha previsión chea de actividades e cun carácter máis internacional para esta "maiorÃa de idade" do evento que terá lugar do 1 ao 4 de setembro. "Responsabilidade, resistencia e rebeldÃa", son os tres factores que están detrás da proposta e programación do Festival este ano, segundo asegurou o seu director, Alfonso Pato. Preto de 40 actividades, dende proxeccións a roteiros, concertos, exposicións ou coloquios encherán a programación , que este ano recupera espazos emblemáticos nas casas aos que houbo que renunciar o pasado 2020 por cuestión de seguridade sanitaria: o baixo do Moncho, a Casa do Carreira ou o Invernadoiro de Mucha e Juan do Peso ata sumar 11 espazos semellantes. Este ano, seguindo medidas sanitarias e normas, permitirase este uso de novo cunha redución da capacidade nun 50%. A aldea deberá ser desaloxada cada dÃa antes da 1AM polo público, que só poderá chegar ao Festival en bus se conta con entradas ou inscricións para as súas actividades. Non haberá aparcadoiros para o público en Cans.
Un total de 15 curtametraxes formarán parte este ano da sección oficial da competición de ficción e animación no Festival. Ata 8 estrearanse en Cans. Entre elas están "What a Circus", dirixida pola coruñesa Anita Pico, que supón a estrea en España desta obra seleccionada por un programa de Xoves talentos da BBC; "Retorno a Eleusis", animación de Borja Santomé, gañador de Cans en 2018, ou "Deux Options", obra do vigués Gon Caride, seleccionada xa en numerosos festivais internacionais. Xunto a estas 15 curtametraxes participan noutras seccións competitivas do certame as 10 da categorÃa de Furacáns e as 8 da sección Novas Camadas. Son, en total, 34 as obras en competición. Ademáis, 20 videoclips competirán polo premio do xurado na Noite Lasal dos videoclips, un vibrante escaparate da música do momento en Galicia. Fóra de competición, Cans acollerá a estrea de catro longametraxes. O Festival de Cans volve propoñer, tamén, actividades didácticas para nenas e nenos relacionadas coa cultura e o cinema. Eis os roteiros literarios ou musicais, con clásicos do certame coma o escritor Carlos Meixide e o polifacético creador Xurxo Souto.
Nomes propios
Os profesionais do audiovisual e da cultura volverán percorrer en chimpÃn unha aldea de cinema que este ano homenaxea no seu Festival ao realizador galego Jorge Coira, ao actor Tamar Novás, e á veciña Marisol González, unha das moitas que levan anos apoiando con compromiso e desinterese o desenvolvemento do Festival. Tamén será homenaxeado o inesquecible Silvino González, o colocador das estrelas, veciño da aldea e tristemente falecido hai pouco tempo. O recoñecido cineasta brasileiro Kleber Mendonça Filho, o historiador Ian Gibson, as cantantes Sés e Maika Makovski, ou o actor Celso Bugallo están tamén entre as persoas que pasarán polo Festival este ano. Tamén o farán realizadores e integrantes dos equipos das curtametraxes que participan na sección oficial deste XVIII Festival de Cans. No ámbito internacional, cómpre salientar tamén a presenza do portugués Nuno Beato, que presentará avance do seu filme. Tamén participa no Festival a realizadora israelà Imbar Horesh.