Miguel Castelo / Dirección

Miguel Castelo

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Miguel Castelo
Miguel Castelo
Dirección
Nome completo: Miguel Ángel Castelo Agra
Freás de Eiras, Ramirás (Ourense) 1946   



Comezou no audiovisual nos anos setenta realizando curtametraxes. Desde o primeiro mostrou interese por unha das constantes da súa carreira, a adaptación de relatos literarios. Por outra banda, en 1979 fundou a distribuidora Rula e a produtora Video Trama. Traballou para a pequena pantalla, realizando para TVE en Galicia o programa quincenal “Do cinema galego” (1984) e colaborando coa TVG. Como produtor a mediados dos noventa promoveu talentos novos desde o seu selo Abrago Filmes. Fixo crítica cinematográfica para a prensa escrita e para a radio e ten exercido a docencia de medios audiovisuais na ETS de Arquitectura da Coruña.

Formación específica: Licenciado en Ciencias da Información na especialidade de imaxe visual e auditiva.

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Miguel Castelo (5)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org