Fina Miguel Gato, impulsor do cinema galego

Foi un dos asinantes do manifesto sobre os cinemas nacionais asinado nas "IV Xornadas de Cine en Ourense"

A súa filmografía comeza en 1974 cando coguionizou con Francisco Taxes un conto deste último, A tola. A partir de aí foi parte activa no movimento do cinema galego, desenvolvendo diversas funcións en películas de Enrique Baixeras, Antonio Simón e Miguel Castelo. Miguel Gato morreu esta fin de semana en Madrid cando tiña 68 anos. A curtametraxe foi o único xénero que traballou, entre a xa citada A tola e Pesquisas. O Caso das galiñas aforcadas (1991), hai preto de media ducia de traballos, nunha época iniciática do audiovisual galego. Unha das facetas máis destacadas de Gato foi que escribiu unha serie de artigos e análises cinematográficas.