05/07/2024
O documental 'Maridos e sodomitas' investiga a historia do matrimonio homosexual na Idade Media
A Deputación Provincial da Coruña produce o filme documental 'Maridos e sodomitas. Os casamentos de home no Reino da Galiza medieval', con realización de NÓS Televisión que xa pode verse en acceso aberto en Youtube a través das canles do ente provincial e da produtora. Con idea orixinal do filólogo, investigador, Carlos Callón autor da obra 'Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media', neste filme Callón documenta e presenta este percorrido da súa investigación que converte nunha ruta por varios lugares da nosa xeografía, nos que se entrevista con outros investigadores que fan as súas achegas sinalando elementos que deixaron constancia da normalización das relacións homosexuais ate finais da Idade Media. Seguindo a procura e interpretación de diferente documentación, vestixios arqueolóxicos e monumentos o documental asegura que o primeiro casamento documentado entre homes de todo o Estado español, no século XI, tivo lugar no concello de Rairiz de Veiga, segundo consta no Tombo de Celanova..
Amplía a nova>>
03/07/2024
A deputación da Coruña reparte medio millón de euros en apoio a 23 festivais de concellos
Noventa asociacións culturais, veciñais ou de outras naturezas pero sen ánimo de lucro da provincia da Coruña recibirán axudas da Deputación para a realización de investimentos culturais, por un valor de 297.978 euros. As entidades sen ánimo de lucro beneficiarias recibirán importes de entre 1.500 euros ata o máximo de 14.000 euros que se destina a Asociación para a defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) para investimentos no seu programa "Ciencia cidadá" 2024. Así consta na resolución definitiva publicada no BOP da Coruña polo ente provincial o pasado 25 de xuño. Ademais diso a Deputación da Coruña destinará unha partida de 535.304 euros para o programa de subvencións a concellos e entidades locais para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia durante o ano 2024. Neste exercicio son 23 os beneficiarios, entre eles Carballo Interplay, Cineuropa, Curtocircuíto, Á esCEEna, Rock in Cambre e Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Recibirán axudas de entre 3.000 e 65.000 euros. A relación de beneficiarios e o importe das subvencións publicáronse no BOP do 27 de xuño..
Amplía a nova>>
02/07/2024
A Deputación da Coruña aumenta o seu apoio ao Clúster Audiovisual
A Deputación Provincial da Coruña ven de asinar un convenio co Clúster do Audiovisual Galego (CLAG) polo cal financiará con 244.647,65 euros a actividade do Clúster ata o 21 de marzo de 2025. O pasado ano ambas entidades asinaron un acordo vencellado ao desenvolvemento do "Proxecto I+P, INCUBA" polo cal o ente provincial achegaba 30.000 euros, co cal o actual convenio supón un incremento moi importante da achega provincial á actividade do CLAG. Este convenio preséntase como xeito de contribuír á consolidación da provincia e de Galicia como referencia nacional e internacional no sector. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o presidente do Clúster, Alfonso Blanco, foron os asinantes nun acto que contou coa presenza da deputada de Industria e Empresa, Rosa Ana García..
Amplía a nova>>
02/07/2024
O Fancine de Lemos dá comezo á súa décima edición
Desde este día 2 e ata o vindeiro 7 de xullo Monforte de Lemos acolle a décima edición do Fancine. O Festival de Xéneros Fantásticos conta nesta ocasión con 24 curtametraxes a concurso, que se poderán ver na Casa da Cultura e mais no Cine Hollywood. Estes últimos acollerán ademais as cinco longametraxes que fan parte da programación desta xeira..
Amplía a nova>>
28/06/2024
AGADIC aumenta as axudas para produción de longametraxes cinematográficas
Poucos días despois da convocatoria de axudas para a realización de rodaxes en Galicia a Xunta ven de aumentar a súa aposta polo valor da produción audiovisual publicando no Diario Oficial de Galicia unha corrección da convocatoria presentada en xaneiro para axudas á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos que aumenta considerablemente a partida dedicada a esta fin. A resolución actual da Axencia Galega das Industrias Culturais aumenta ata os 3.000.000 de euros o orzamento desde os 2.500.000 que tiña inicialmente e que viña mantendo sen variación durante os catro anos anteriores. .
Amplía a nova>>
26/06/2024
A Xunta convoca as axudas ás rodaxes en Galicia
A Xunta ven de presentar unha nova quenda, a terceira, das axudas para as rodaxes audiovisuais en Galicia, unha ferramenta de captación de producións que supoñen un beneficio para o país en base ao gasto estimado e a mobilización de servizos locais e profesionais do país. Repítese o orzamento de dous millóns a repartir en dúas metades con carácter plurianual, para os anos 2024 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Feder Galicia 2021-2027. O pasado venres a Axencia Galega de Industrias Culturais convocou ao sector a unha xuntanza para darlles a coñecer esta nova convocatoria que hoxe sae publicada no Diario Oficial de Galicia. A finalidade desta convocatoria é estimular e impulsar a execución de rodaxes audiovisuais en Galicia para, por unha banda, fomentar a cadea de valor da industria do sector audiovisual galego, co obxectivo de mellorar a súa competitividade, o crecemento sustentable e o mantemento do emprego de calidade das empresas e, por outra, situar a Galicia como escenario de rodaxes audiovisuais de nivel internacional..
Amplía a nova>>
20/06/2024
As axudas a salas de cinema reparten 132.160 euros entre 7 espazos
A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer este 20 de xuño a resolución das axudas para "Proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual para salas de exhibición cinematográfica". En total sete espazos deste tipo, xestionados por seis empresas, reparten os 132.160 euros da concesión..
Amplía a nova>>
04/06/2024
Oito comunidades galegas no exterior acollerán o ciclo Mestre Mateo
A terceira edición do Ciclo Mestre Mateo levará a oito comunidades galegas no exterior os filmes finalistas dos premios deste nome. Centros en Rio de Janeiro e São Paulo (Brasil) La Plata e Avellaneda (Arxentina), Montevideo (Uruguai), Ingolstadt (Alemaña), Donostia (País Vasco) e Pamplona (Navarra) acollerán as proxeccións desta iniciativa que promove a Academia Galega do Audiovisual en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración..
Amplía a nova>>
29/05/2024
O galego ten futuro nos podcasts
A vitalidade das linguas minoritarias no terreo dixital supón un feito fundamental para a preservación dos legados culturais e un xeito de garantir que tanto a cultura como a comunidade representadas por dita lingua sexan preservadas e continúen "florecendo". Con esa premisa o Anuario de cultura dixital 2024 elaborado pola entidade pública Acción Cultural Española (AC/E) inclúe un informe neste sentido, estudando o xeito en que as linguas minoritarias están representadas en diversas manifestacións do espazo dixital, fundamentalmente nas expresións culturais incluíndo os máis recentes hábitos de consumo. O documento tira conclusións e presenta datos moi enfocados na comparativa entre as seis linguas cooficiais existentes en España. .
Amplía a nova>>
27/05/2024
Pablo Dopazo triunfa en Cans con 'O frío'
A curta 'O frío' do director Pablo Dopazo foi elixida polo xurado do Festival de Cans como gañadora na sección de Ficción e Dopazo ademais obtivo o premio ao Mellor Director. Unha vez coñecido o palmarés desta edición, ao final do festival resultou o filme de Dopazo como o máis premiado xa que tamén levou o galardón ao Mellor Actor polo papel interpretado por José María Sanjurjo. A curta 'O frío' foi premiada polo xurado polo súa capacidade para "facer sentir a distancia, o desafecto e o frío". O filme. Inspirado nunha historia real, ten como protagonista a un home que traballa nun mercado de abastos dunha cidade galega e un día recibe unha chamada que perturba a súa vida normal e fai que o pasado volva. O Premio do Xurado dos Veciños e Veciñas á Mellor Curtametraxe de Ficción/Animación foi para 'Aquarium' da realizadora italiana afincada en Galicia Marguerita Morello..
Amplía a nova>>