Novas | 871 a 880 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

13/04/2020
A CRTVG anuncia medidas de apoio ao sector audiovisual

A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) anunciaba este 8 de abril unha batería de medidas de apoio ao sector audiovisual por mor dos efectos que está a ter sobre o mesmo a actual crise sanitaria. O web do ente recolle unha listaxe de propostas que inciden en cuestións como axilizar a adquisición de producións e pagamentos pendentes, con mecanismos como a "contratación de novos produtos audiovisuais adaptados ás novas necesidades xurdidas na sociedade galega durante o estado de alarma", un adiantamento do proceso de "selección e formalización dos contratos de apoio á produción audiovisual" ou unha moratoria para aquelas producións que viron afectado o seu desenvolvemento polo estado de alarma.. Amplía a nova>>

08/04/2020
Publican en aberto o documental Os mundos de Xosé Luís Méndez Ferrín

O profesor e escritor Manuel Forcadela é o director e guionista do documental Os mundos de Xosé Luís Méndez Ferrín, que agora puxo en aberto na súa metraxe completa. O documental percorre a vida e a obra do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, a partir dos testemuños de dezasete "representantes do mundo cultural galego" que se deteñen na literatura, no seu articulismo de opinión ou do seu papel e impacto na vida cultural galega do século XX. . Amplía a nova>>

07/04/2020
O produtor Alfonso Blanco entra na Academia que outorga os Emmy

Polas mans de Alfonso Blanco pasaron proxectos ben coñecidos como Mareas Vivas, Terra de Miranda, As Leis de Celavella, Padre Casares, Matalobos, Hierro ou Auga Seca. Agora, Blanco é un dos 32 novos profesionais de todo o mundo que entrarán na International Academy of Television Arts & Sciences, a institución con sede en Nova York que outorga os Premios Emmy. Blanco, director xeral da produtora Portocabo, será o primeiro galego en formar parte desta prestixiosa entidade. . Amplía a nova>>

06/04/2020
Profesionais da cultura desenvolven nas redes a campaña #NonNosCanceles

Ao longo dos últimos días, mais en particular na mañá deste seis de abril, as redes sociais galegas están a se inzar de publicacións co cancelo común #NonNosCanceles. Profesionais dos máis diversos ámbitos culturais, a incluír proxectos musicais, escénicos, audiovisuais, técnico de diferentes áreas, responsables de programación ou promoción reivindícanse a sinalar "eu tamén son traballador@ da cultura". Nas mesmas, chámase con esa etiqueta a manter contratacións e a que a amortecer o impacto do sector na actual crise sanitaria, trasladando as datas das programacións previstas neste período no canto de as cancelar. . Amplía a nova>>

06/04/2020
A viaxe de Ruth: un retrato da Galicia rural e mariñeira dos anos 20 agora en aberto

A Asociación cultural Dous Punto Oito publicou na rede o seu documental A viaxe de Ruth. Dirixido por Jaime Pardo e Xosé Reigosa, o documental segue o fío da propia viaxe da fotógrafa Ruth Matilda Anderson e o seu pai pola Galicia dos anos 1924 a 1926. Con entrevistas a expertos, comparativa entre o escenario das fotos e o actual, entrevistas a descendentes dos protagonistas das fotos e coidadas recreacións da viaxe, o documental permítenos comprender as circunstancias de elaboración dun dos corpus fotográficos máis importantes da Galicia de principios do século XX. Podes velo completo nesta nova. . Amplía a nova>>

03/04/2020
O Chanfaina Lab achega cada día filmes da súa última edición

Coa fin de facilitar o tempo de confinamento na casa, a organización do Chanfaina Lab decidiu acelerar a publicación na rede dos filmes que saíron da súa última edición, celebrada en setembro. No canto dos habituais "Venres de Chanfaina", nos que ían publicando cada semana unha das pezas, o encontro cinematográfico de San Sadurniño acordou lanzar unha cada día "ou case" como recoñecen. Deste xeito, están xa dispoñible na rede dezanove das trinta curtametraxes que cineastas profesionais e veciñanza desenvolveron entre os pasados seis e oito de setembro. Nos vindeiros días completarase a publicación na rede da totalidade das pezas, que inclúen traballos de Ana Moreiras, Fran X. Rodríguez, María Yáñez, Manuel Abad, Anxo Santomil ou Aldara Pagán entre outros nomes.. Amplía a nova>>

01/04/2020
Novas propostas audiovisuais para o illamento

Continúan a se suceder as propostas desde o ámbito audiovisual para levar o tempo de illamento provocado polo Coronavirus. Entre as novas propostas, desde a Mostra de Curtas de Noia convocan o certame Quarantine Film Section, "para impulsar e recoñecer o quefacer artístico nestos días de corentena que estamos a vivir e dar visibilidade a todas esas creacións artísticas que están a xurdir". Filmes de ata cinco minutos e desenvolvidos ata unha semana despois do final do período confinamento poden competir polos galardóns de curtametraxes, ficción e animación, comedia ou mellor curta romántica. As propostas participantes pódense ver na páxina da Mostra de Curtas de Noia.. Amplía a nova>>

30/03/2020
O audiovisual está afectado con perdas económicas de máis de 3 millóns de euros arestora

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) fixo un balance para valorar o impacto da crise do Covid-19. Polo momento, segundo eles, as perdas están estimadas en máis de 3 millóns de euros que afectan a un total de 20 proxectos en marcha. A maioría son longametraxes de ficción, pero tamén hai documentais, curtametraxes e series. O sector audiovisual galego independente ve con preocupación a supervivencia dalgúns dos seus proxectos para este 2020, que xa acumulan un 16% de media en perdas.. Amplía a nova>>

30/03/2020
A Xunta anuncia a preparación de medidas específicas para axudar ao sector cultural

Desde o comezo da situación de emerxencia causada polo Coronavirus COVID-19 foron moitas as voces das industrias culturais que fixeron públicas as súas demandas á administración autonómica de cara a presentar accións de axuda específicas para a catástrofe económica causada no mundo da cultura profesional. Por medio dun comunicado de prensa o departamento de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia ven de anunciar que está a preparar un amplo paquete de medidas específicas dirixidas a paliar os efectos da crise no sector cultural galego, coa finalidade de preservar a actividade e o emprego das industrias culturais, garantir o cumprimento das programacións previstas e estimular o consumo cultural ao remate do actual estado de alarma. No seu comunicado A Xunta de Galicia declárase "plenamente consciente" da especial situación pola que atravesa o sector cultural galego, ao que lle recoñece, ademais, o seu esforzo, talento e capacidade creativa, "tal como se está poñendo estes días de manifesto cos contidos verquidos nas distintas redes sociais e plataformas web de xeito accesible a todo o público". . Amplía a nova>>

30/03/2020
Os contidos dixitais das Bibliotecas públicas ábrense ao público en rede

A plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas ven de facilitar o acceso aos seus fondos electrónicos ao non requirir dos trámites presenciais de creación do carné de biblioteca. Cun rexistro na súa web a plataforma proporciona xa as claves para accederás a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego no que dure a corentena. Tras este período os usuarios disporán de 30 días para achegarse á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe. O lector atopará dous catálogos: un que contén o "Catálogo galego" e outro que aloxa o "Catálogo en castelán". As obras incluídas nestas dúas contornas, xa sexan lecturas ou audiovisuais, poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico. Ata agora estes contidos só estaban accesibles para os usuarios destas bibliotecas, polo que era preciso ter carné, e desde este momento ábrese toda a poboación. Esta nova medida enmárcase na campaña #aculturasegue que a Consellería de Cultura e Turismo ten en marcha a raíz da crise sanitaria.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org