O Chanfaina Lab achega cada día filmes da súa última edición

A Corentena Chanfaineira publicou xa na rede 19 das producións máis recentes da cita

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Cartel de Limiar filme de Fran X. Rodríguez

Cartel de Limiar filme de Fran X. Rodríguez

Coa fin de facilitar o tempo de confinamento na casa, a organización do Chanfaina Lab decidiu acelerar a publicación na rede dos filmes que saíron da súa última edición, celebrada en setembro. No canto dos habituais "Venres de Chanfaina", nos que ían publicando cada semana unha das pezas, o encontro cinematográfico de San Sadurniño acordou lanzar unha cada día "ou case" como recoñecen. Deste xeito, están xa dispoñible na rede dezanove das trinta curtametraxes que cineastas profesionais e veciñanza desenvolveron entre os pasados seis e oito de setembro. Nos vindeiros días completarase a publicación na rede da totalidade das pezas, que inclúen traballos de Ana Moreiras, Fran X. Rodríguez, María Yáñez, Manuel Abad, Anxo Santomil ou Aldara Pagán entre outros nomes.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Yáñez, Manuel Abad, San Sadurniño

Claves

Lugares