Xa están listas as pezas que saÃron do último Chanfaina Lab de San Sadurniño. A Casa da Cultura acollerá na tarde deste sábado trece unha proxección en sesión continua de 21 curtametraxes de diferentes xéneros e estilos que se gravaron entre o catro e o seis de setembro no seo desta iniciativa. En total serán máis de tres horas de filmes que se rodaron integramente no concello e que contaron coa participación de moitos veciños. A proxección estruturarase en tres partes cunha introdución na que participarán os realizadores e mais un descanso intermedio. A sesión comezará ás 18 horas e ten entrada libre. Con posterioridade, a partir do venres 19 comezarán a se publicar no web do proxecto todas estas produción, a razón dunha obra cada venres.