San Sadurniño acolle esta fin de semana o Chanfaina Lab

Máis de vinte novos realizadores audiovisuais participan no evento

A chanfaina é unha receita tradicional do norte de Galicia que consistía en aproveitar as partes menos nobles do porco para facer unha sorte de chourizos e o significado, segundo a organización, acabou derivando en "revolto de cousas diversas". Máis de vinte realizadores audiovisuais galegos, de estilos totalmente distintos pero unidos pola súa mocidade, participarán esta fin de semana no Chanfaina Lab do concello de San Sadurniño. Trátase de facer pezas de entre tres e cinco minutos ambientadas no territorio municipal que se estrearán no Nadal.

No proxecto participan Alberte Pagán, Jaione Camborda, Xurxo Chirro, Otto Roca, Xacio Baño, Marcos Nine, Angel Santos, Alfonso Zarauza, Victor Hugo Seoane, Guillermo Arias-Carvajal, Sonia Méndez, Felipe Lage, Xisela franco, Ánxela Caramés, Juan Lesta&Belén Montero, Mario Iglesias. Beli Martinez e Xose Manuel Sande, ademais de autores de Ferrolterra como Pablo Portero, Miguel Noval, Cesar Galdo, Ary López ou Brais Breijo.