Durante esta vindeira fin de semana o concello de San Sadurniño ( A Coruña) celebra a oitava edición do Chanfaina Lab, un encontro de cineastas que pon en valor o territorio do concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. Eses días os realizadores participantes usarán do territorio e as xentes de San Sandurniño para gravar unha película coa duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural e as súas xentes, a emigración, a memoria histórica, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman grazas a esta actividade a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras. Este ano está prevista a participación de máis de trinta realizadores, reunindo ata medio cento de persoas nos equipos de rodaxe.
Entre os creadores que participan coa súa cámara, máis do 60 por cento son naturais ou veciños de San Sadurniño: Dende menores de vinte anos como as cativas que compoñen o colectivo Sansadurnenas, os mozos estudantes Iago Lourido, Bieito Beceiro, Aroa Calvo, Catalina Rodríguez, Pablo Martínez, Soraya Yáñez, Ángela Arnosa, Kevin Lorenzo e os colectivos Meu, NaraíoMedia e SueÑa. Completa a listaxe local un grupo de veciños e veciñas, tamén cineastas, que todos os anos repiten desta experiencia singular como Fran Bermúdez, Xosé Manuel Rabón/Victor Rico, Abel Vega, "The sun Girls" e as labregas de "Teño unha horta". Tamén participan novas promesas do audiovisual galego recentemente tituladas en Belas Artes ou Audiovisual como Mirian Opazo, Candela Conde, Xoán Rodríguez Caridad e Cristina Souto. Asemade, como nas edicións anteriores, participan un grupo de profesionais con experiencia dabondo en ámbitos diversos do audiovisual como Felix Brisel, Francisco J. Cela, Nela Fraga, Juan Galiñanes, Manolo Gómez, Diana Gonçalvez, Tono Mejuto, Adriana Páramo, Miguel A. Romero, Ignacio Vilar e o colectivo "Memoria e cinema". A iniciativa acadou o premio o XI premio José Sellier (2022) outorgado pola Academia Galega do Audiovisual por "fomentar a liberdade creativa e favorecer a convivencia, unindo a cineastas de calquera idade, xénero, procedencia ou traxectoria para compartir experiencias arredor da obra cinematográfica. Unha proposta que reivindica a súa alma rural e o seu espírito comunitario, sendo quen de implicar a veciñas e veciños e de inspirar as vocacións de novas xeracións de cineastas." O venres, 1 de setembro, tras da recepción de cineastas participantes na casa do Concello terá lugár, ás 20:00 horas na Casa da Cultura a actividade denominada Eira de Cienastas, onde exporán as intencións narrativas dos proxectos a realizar durante a fin de semana e terá lugar unha proxección dunha selección de filmes dos mesmos realizadores.