San Sadurniño completa a terceira xeira do Chanfaina Lab

Unha vintena de creadores rodaron as súas creacións audiovisuais no concello

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
San Sadurniño completa a terceira xeira do Chanfaina Lab

Realizadores de todo país desenvolveron esta fin de semana un maratón de traballo na terceira edición do Chanfaina Lab. San Sadurniño acolleu entre o xoves 1 e o domingo 4 de setembro un encontro no que Ángeles Huerta, Beatriz del Monte, Carla Andrade, Claudia Brenlla, Eloi Domínguez, Lara Bacelo, Lara e Noa Castro, Lois Patiño, Marcos Lourido, Marta Piñeiro, Natalia Porca, Pablo Millán, Sabela Pernas e Jorge Coira rodaron cadansúa peza no lugar. Canda a eles, creadores locais como Fran Bermúdez, Abel Vega, Bieito Beceiro, Pablo Martínez, Roberto Bouza ou Sebastián Rodríguez desenvolveron tamén os seus traballos audiovisuais. O programa, como é habitual, complementouse con proxeccións e obradoiros de creación cinematográfica. Os resultados, uns filmes de temática e forma libre de entre tres e cinco minutos, proxectaranse nos vindeiros meses no concello e poderán verse na rede.

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Sadurniño, Sabela, Carla Andrade, Lois Patiño...