Xa están dispoñibles na rede todas a producións do último Chanfaina Lab

O encontro audiovisual de San Sadurniño ampliará as súas actividades na vindeira edición

Os traballos de 23 cineastas que participaron na última edición do Chanfaina Lab están xa na rede. O web desta iniciativa audiovisual que convida a creadores a realizar os seus filmes durante un día neste concello completou a publicación en Youtube de todos os proxectos que se desenvolveron ao longo da última xeira. Un total de 23 curtas da man de Catalina Rodriguez Rico, Adrián Canoura, Natalia Fernández, The sungirls, Bieito Beceiro, Ángela Arnosa, Cibrán Tenreiro, Iago Lourido, Margarita Ledo, Javier Seoane, Irene Beceiro, Simone Saibene, Sebastian Rodríguez, o equipo de Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo Picos e Cruz Piñón, Fran Bermudez, Aser Álvarez, Lucía Estevez, Abel Vega, Andrés Goteira, Pablo Martínez, Helena Girón e Samuel M. Delgado; Mar Catarina e Rubén Domínguez, e mais Gabriel Tizón.



Ademais, a organización do evento acaba de anunciar que a sexta xeira, que se celebrará entre os días 3 o 8 de setembro, contará con 33 cineastas convidados e ampliará o seu programa. Deste xeito, serán catro as xornadas dedicadas a obradoiros de formación e dúas as destinadas á gravación dos proxectos audiovisuais.

Todos os vídeos do Chanfaina Lab