04/05/2020
Vídeos e novas cartas achegan á rede diferentes visións sobre Carballo Calero
Malia ao adiamento das actividades oficiais, as propostas polo Día das Letras Galegas non se deteñen. Desde a Real Academia Galega chegou á rede estes días a serie de microespazos
Unha palabra para don Ricardo "un conxunto de minipezas audiovisuais arredor da figura de Ricardo Carballo Calero que conforman un retrato colectivo do protagonista do Día das Letras Galegas 2020". Salvador García-Bodaño, Euloxio Rodríguez Ruibal, Henrique Monteagudo, Margarita Ledo, Rosario Álvarez, Fina Casalderrey, Francisco Fernández Rei, Ramón Villares, Xosé Luís Regueira, Manuel González, Ana Romaní, Andrés Torres Queiruga, Víctor F. Freixanes, Gonzalo Navaza, Mercedes Queixas Zas, Francisco Cidrás, Goretti Sanmartín, Fernando López-Acuña, Darío Villanueva, Eduardo Maragoto, Araceli Herrero Figueroa, Carmen Blanco, José Luís Rodríguez, Pilar García Negro, Claudio Rodríguez Fer, Pilar Pallarés, Henrique Rabuñal e Martinho Montero participan desta iniciativa na que colabora a Associaçom Galega da Lingua (AGAL) e que será retransmitida pola CRTVG.
.
Amplía a nova>>
04/05/2020
A TVG acorda participar en sete novos proxectos audiovisuais
Coa vista posta en chegar decote á fase 1 de apertura social e laboral, na que, con certas condicións, poderían recomezar as rodaxes cinematográficas e televisivas as institucións públicas do sector audiovisual comezan a mover as súas pezas para apoiar a produción, que precisa moita planificación previa así como financiamento. Segundo ven de comunicar a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) a CRTVG acordou a súa participación en sete novos proxectos cinematográficos, seis longametraxes de ficción e documentais, e unha TV movie sobre a figura de Sofía Casanova, nunha decisión enmarcada no conxunto de medidas deseñadas para reforzar o compromiso coa industria audiovisual galega e nunha medida anticipada debido a conxuntura creada polos efectos da COVID-19. As producións seleccionadas, nunha xuntanza extraordinaria da Comisión Directiva de Programación da CRTVG, son
Estelas, primeira longametraxe de ficción do director novel Roberto Alvite; a longametraxe documental de creación
Nación, un sitio onde pousar a cabeça, dirixida por Margarita Ledo, e catro longametraxes documentais:
Onde máis doe, sobre a violencia de xénero, de Xamalú Producións;
Patarinos, producida por Sétima S. Coop. Galega;
MorabezaVerde, a cor da soidade, de Alberto Trabada. A propia Agapi facía a finais de marzo unha estimación deperdas do sector, nese momento polo o impacto da crise do Covid-19, de máis de 3 millóns de euros que afectaban a un total de 20 proxectos en marcha..
Amplía a nova>>
29/04/2020
A previsión de desescalada cultural
O presidente do Goberno de España, Pedro Sanchez, daba a coñecer este 28 de abril a previsión de fases para aliviar as medidas de confinamento ás que está sometido o conxunto da sociedade. A proposta fala de períodos de apertura que terán unha duración flexible, cun mínimo de dúas semanas, que dependerán da situación nos diferentes territorios e que contarán coas provincias como espazos de referencia para a súa aplicación. Toda unha serie de mudanzas que terán efectos destacados en diferentes sectores da cultura. Aínda pendentes da concreción destas medidas, da súa publicación do Boletín Oficial do Estado e do xeito no que se aplican segundo vaia evoluíndo a situación, repasamos os posibles impactos do confinamento en diferentes ámbitos culturais..
Amplía a nova>>
27/04/2020
A Asociación Senunpeso publica nas redes as curtas de A fume de carozo
Coa intención de "poñer o noso gran de area á difusión de contidos culturas dixitais neste contexto de confinamento" a Asociación Senunpeso acaba de publicar no seu web unha selección das curtametraxes que saíron da iniciativa Lav.mov. En total son oito obras dispoñibles na rede que desenvolveron na iniciativa
A fume de carozo, gravadas e editadas nunha maratón de dous días no Concello de Vedra..
Amplía a nova>>
22/04/2020
Os festivais audiovisuais da provincia de Pontevedra contarán cunha marca propia
Traballar conxuntamente co sector na creación dunha marca propia do audiovisual da provincia, e instar ás administracións competentes como a Xunta de Galicia para o deseño dun Plan Estratéxico, foron compromisos anunciados pola Deputación de Pontevedra na primeira reunión que, de forma telemática, mantivo a presidenta Carmela Silva cos representantes da Asociación Proxecta, que agrupa aos principais festivais de cine da provincia e do resto de Galicia. A presidenta coincidiu cos portavoces da Asociación na necesidade de deseñar un novo modelo que estimule a colaboración público-privada, pero tamén a relación pública-pública cun maior entendemento entre as administracións á hora de elaborar guías, protocolos de actuación, ou no deseño dun plan estratéxico que se elabore pola Xunta de Galicia e no que participaría o sector e o resto das administracións como as Deputacións. Carmela Silva tamén anunciou que "se traballará na maior flexibilización posible das bases das axudas", aínda que tamén concordou co sector en que "temos que poñer a cabeza a pensar en como reorientar ou reinventar algúns dos eventos que poidan verse afectados". Neste senso defendeu a harmonización das subvencións culturais, cunhas bases similares entre tódalas administracións, "para que todos saibamos como e onde nos movemos". Amais, transmitiu que a institución poderá realizar o anticipo do 50% das axudas que se soliciten, e que no caso de que algún dos festivais non se poda facer será a Deputación quen financie os gastos feitos. Tamén, en canto o requisito do número de anos consecutivos para poder acceder ás achegas do vindeiro ano, o ano 2020 non será contabilizado. Igualmente, a presidenta confirmou que avaliará xunto aos concellos a posibilidade de implementar medidas que poidan ser esixidas nos futuros protocolos de seguridade, desinfección ou hixiene nos recintos dos festivais..
Amplía a nova>>
21/04/2020
Youtubeir@s incrementa de novo os seus premios para a edición 2020
Novas categorías, máis premios e unha maior dotación económica. A edición 2020 do certame de creación audiovisual Youtubeir@s deu a coñecer as súas bases para 2020 a anunciar un total de 12 galardóns, tres máis que na última edición, que repartirán 7.500 euros en premios, o que supón un incremento de mil respecto a 2019. O certame, ao que se poden presentar vídeos en galego publicados desde o pasado 27 de setembro de 2019, reorganiza as súas categorías de participación, e así desaparecen as xa clásicas "vídeo-facermos" e "vídeo-opinarmos". .
Amplía a nova>>
16/04/2020
A Pontevedra Film Comission pon na rede vinte filmes vencellados co concello
"Queremos que estes días na casa sexan máis soportables, por iso desde a Film commission queremos compartir con todos vós documentáis, longametraxes, curtametraxes, traballos xa realizados e rodados en Pontevedra coa colaboración do Concello de Pontevedra e tamén proxectos que nos ceden realizadores e que foron rodadas noutros lugares fóra da nosa cidade". Así presenta a Pontevedra Film Commission a súa iniciativa
Vídeos na rede que pon a disposición do público de xeito gratuíto unha vintena de pezas. Proxectos como
Idiotas,
Superpunky. El Musical,
Flores para Amalia,
Dies Dei ou
La Bella Otero son algunhas da pezas dispoñibles. O proxecto está aberto a novas achegas..
Amplía a nova>>
14/04/2020
O premiado filme Psiconautas está dispoñible na rede
Psiconautas, os nenos esquecidos, filme da produtora galega Zircozine que gañou o Goya de animación 2017, está dispoñible de balde na plataforma en liña de TVE
Somos cine. A produción que dirixiu o coruñés Alberto Vázquez en colaboración con Pedro Rivero e que adapta unha BD do primeiro pódese ver ata o vindeiro 23 de maio. A longametraxe chegou a ser preseleccionada para representar a España nos Óscar de 2017..
Amplía a nova>>
14/04/2020
A produtora galega Somadrome obtén un premio no MIPDoc de Cannes
Por vez primeira o proxecto dunha produtora galega obtén un galardón no MIPDoc de Cannes. A produtora Somadrome, radicada en Oroso, fíxose co galardón da categoría MIPDoc Project Pitch polo seu proxecto
Behind Lucy. Este é un formato documental que segue ao longo de catro anos, entre 2017 e 2021 a misión da NASA Lucy, destinada a investigar asteroides da órbita de Xúpiter. Este encontro internacional de formatos documentais desenvolveuse este ano en liña no marco da iniciativa MIPTV Online+, logo da suspensión do mercado televisivo por mor da crise sanitaria do coronavirus..
Amplía a nova>>
13/04/2020
Versión Valdeorras achega á rede filmes da comarca durante o confinamento
Sempre Xonxa, Santoalla, Pradolongo, Os Fillos da vide, Lobos sucios ou
Espírito Abertal son algúns dos filmes que fan parte do novo festival virtual
Versión Valdeorras. Desde o pasado 9 de abril esta iniciativa de cineastas da zona está a publicar na rede ata un total de doce filmes en tres quendas. Á inicial, entre nove e 12 de abril, seguirán outras dúas previstas para os días 16 a 19 do mes e unha última entre o 23 e o 24. A maior parte dos filmes fica dispoñible en aberto durante unha semana, aínda que algúns só poderán verse nas 48 horas seguintes á súa estrea..
Amplía a nova>>