28/04/2025
O Carballo Interplay recoñece unha comedia iraniana e un director canadiano
O festival de contidos dixitais Carballo Interplay fechaba este 27 de abril a súa décima segunda xeira coa entrega de premios aos mellores traballos. Na Sección Oficial, o xurado formado polo xornalista e guionista Bob Pop, o cineasta Jorge Boquete e a actriz e creadora de contido Albanta San Román deulle o premio á Mellor Serie a
The Pearl (Let´s make peace)..
Amplía a nova>>
28/04/2025
A Deputación da Coruña crea o Premio José Gil de Audiovisual
A área de Cultura da Deputación da Coruña suma un novo certame ao seu catálogo de premios á creación, o José Gil de audiovisuais. Terá unha dotación de 19.500 euros, 6.500 para cada un dos gañadores das tres categorías a concurso: guión de longametraxes de ficción en lingua galega, guión de longametraxes documentais en lingua galega e traxectoria ou iniciativa de especial relevancia no audiovisual galego. As bases xa está publicadas no Boletín Oficial da Provincia e o prazo de presentación está aberto desde hoxe ata o 28 de maio. O galardón leva o nome de José Gil, que como sinalou o comisario do certame, Manolo González, foi pioneiro en Galicia da reportaxe fotográfica, o nacemento do cinema de ficción, documental, industrial, educativo e turístico, "así como tamén da lusofonía audiovisual, os noticiarios, a publicidade, o arquivo fílmico e tantas outras achegas incuestionables do cineasta a prol da modernización de Galicia entre 1910 e 1935". O xurado estará presidido pola Deputada de Cultura, Natividade González, e formado por cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito do audiovisual..
Amplía a nova>>
25/04/2025
Fon Cortizo acada o premio á mellor curtametraxe en Moscova
A curtametraxe 'Abellón' do realizador e guionista vigués Fon Cortizo vén de gañar o Premio á Mellor Curta da 47ª edición do Festival Internacional de Cinema de Moscova, en Rusia. No filme Fon Cortizo a través historia de Álex, un mozo que traballa audiodescribindo películas para persoas con discapacidade visual, achega unha experiencia sobre a percepción, a identidade, a masculinidade e os coidados, usando para iso unha linguaxe cun importante peso do son como ferramenta inclusiva. O protagonista vive unha crise vital mentres tenta entender os soños perturbadores do seu avó centenario, xa incapaz de distinguir entre realidade e soño. Nesta viaxe emocional coñece a Lucía, unha rapaza cega de nacemento que lle amosa como percibe, soña e sente o mundo desde a escuridade. O reparto está conformado por Machi Salgado, Corina Alfonso e Helena Varela..
Amplía a nova>>
25/04/2025
Estréase en salas o documental 'A Foreign song' de César Souto
A sala NÚMAX de Santiago de Compostela acolle hoxe ás 19:45 horas a estrea en cines do documental 'A Foreign Song', filme de Matriuska Producións, escrito e dirixido por César Souto. O director e dous membros do equipo da película (Alberte Branco e Daniel Froiz) asistiran á estrea. O filme terá pases tamén nos seguintes dous días na sala. Tras diso poderase ver en Vigo ( 28 de abril, Multicines Norte) , A Coruña (29 de abril, Cantones Cines), Ferrol (8 de maio, Dúplex) e Lugo (9 de maio, Codex Cinema) nas vindeiras semanas, con pases aos que tamén asistirá Souto. A película acadou o Premio á Mellor Película Española e Mellor Dirección no Festival de Xixón 2022 e foi finalista nos XXI Premios Mestre Mateo..
Amplía a nova>>
16/04/2025
O XII Carballo Interplay proxectará vinte series de 12 países na súa sección oficial
Unha vintena de series de doce países competirán na duodécima edición do Carballo Interplay (CIP). O festival de contidos dixitais que se celebra do 24 ao 27 de abril deu a coñecer o seu programa, no que destaca a presenza canadense, con cinco series a concurso. Ségueo España, con catro propostas, das cales tres son galegas..
Amplía a nova>>
15/04/2025
A nova edición de 'Films from Galicia' presenta 62 novos traballos
O novo catálogo de produción audiovisual galega presentada para público internacional
Films from Galicia presenta 62 novos títulos, dos que 48 están a piques de se estrear. Trátase de 30 longametraxes de ficción, 21 documentais, 4 obras de animación e 7 formatos televisivos, das que se ofrecen datos básicos e o contacto para a súa venda e distribución. entre os filmes atópanse dous seleccionados para a sección oficial do festival de Cannas, como
Sirat de Oliver Laxe, e
Romería, de Carla Simón, xunto cos últimos traballos de realizadores como Noemí Chantada, Santos Díaz, Anxos Fazáns, Andrés Goteira, Ángeles Huerta, Lois Patiño, Sandra Sánchez, Ángel Santos, Diana Toucedo ou Alfonso Zarauza. .
Amplía a nova>>
10/04/2025
Dez festivais audiovisuais reciben as axudas da Agadic
A convocatoria de axudas a festivais e mostras audiovisuais da Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia ven de resolverse, beneficiando a 10 destas citas. Entre elas repártense os 300.000 euros de orzamento destinados a apoiar a consolidación do circuíto galego de estes eventos. Son oito asociacións culturais, o concello de Carballo e o Museo do Pobo Galego as beneficiarias este ano, con cantidades que oscilan entre os 48.265,73 destinados ao Play-Doc de Tui e os 9.561,64 para a Mostra Internacional de Cinema Etnografico do Museo do Pobo Galego. .
Amplía a nova>>
10/04/2025
'Sirat' de Oliver Laxe competirá na Sección oficial de Cannes
Nunha rolda de prensa transmitida hoxe en directo polo festival o delegado xeral, Thierry Frémaux, confirmou a presenza dentro da Sección oficial competitiva da 78ª edición do Festival de Cannes da película 'Sirat' de Oliver Laxe. Frémaux lembrou o paso anterior de Laxe polo festival cando en 2022 recbiu por 'O que arde' o premio do xurado dentro da sección
Un certain regard, o delegado indicou que este ano presentáronse case 3.000 películas co certame. 'Sirat' é a cuarta longametraxe de Oliver Laxe, producida por Movistar + e El Deseo, a película está protagonizada por Sergi López e Bruno Núñez xunto un grupo de actores non profesionais, como é habitual no realizador franco-galego. A historia escrita por Laxe e Santiago Fillol e unha 'road movie' ambientada en Marrocos, na que un pai e o seu fillo buscan á súa filla e irmá desparecida por festas 'rave' nese país. Dentro desta competición oficial estará tamén o filme 'Romería' rodada por Carla Simón ('Alcarrás') en terras galegas. O festival comezará o vindeiro 13 de maio..
Amplía a nova>>
09/04/2025
Unha empresa xestionará a Galicia Film Comission
A Axencia Galega de Industrias Culturais ven de sacar a licitación por procedemento aberto a contratación do servizo de xestión e promoción da Galicia Film Commission, o que supón un paso máis cara a posta en marcha desta entidade que ven anunciándose desde fai tempo e que o sector audiovisual demanda. Segundo especifica o prego, Agadic contrataría cunha entidade externa todo o desenvolvemento das tarefas da Galicia Film Comission baixo a súa supervisión e mando, incluída a xestión da plataforma tecnolóxica licitada previamente e entregada pola UTE Balidea -Ilux desde o ano 2023. Foi en marzo dese ano cando o entón conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, daba unha rolda de prensa na Cidade da Cultura de Galicia asegurando a inminente posta en marcha da comisión, presuntamente entón con persoal propio da Agadic. Desde a recepción da plataforma tecnolóxica non se tivo máis noticias da GFC ata a publicación desta contratación na Plataforma d Contratos Públicos da Xunta de Galicia. A data de inicio do contrato a licitar de xestión será, segundo os pregos, o vindeiro 1 de xuño de 2025. O contrato terá unha duración inicial de dous anos prorrogables cun valor estimado de 210.928,51 euros sen IVE..
Amplía a nova>>
02/04/2025
Oito proxectos de videoxogos obteñen axudas da Xunta
A Xunta ven de resolver a concesión de 150.000 euros en axudas a oito produtoras galegas de videoxogos a través da súa convocatoria de subvencións para o desenvolvemento do sector. Esta contía investirase noutros tantos proxectos de selo galego co obxectivo de facilitar a chegada ao mercado de contidos feitos en Galicia e no noso idioma, ademais de favorecer a profesionalización e a creación de emprego por parte das empresas que traballan neste ámbito. Catro dos títulos subvencionados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acadaron a axuda máxima de 25.000 euros prevista nas bases: Xerme, que Acariño Games presenta como unha experiencia inmersiva que explora os conceptos de orixe e evolución, ao tempo que convida a unha reflexión sobre o mundo natural; Sandwich Cat, producido por Testaferro a partir da curtametraxe homónima de David Fidalgo; o xogo de fantasía e supervivencia en 2D A nosa fantasía, inserido na serie de proxectos transmedia O noso pasar de Melgo Cinema, e Unicorn Wars, de DEP Games, a partir da longa de Alberto Vázquez gañadora do Goya á mellor película de animación en 2022..
Amplía a nova>>