03/09/2002
O cine Plata de Vigo pecha as súas portas logo de 18 anos de existencia
O sábado pasado o cine Plata de Vigo pechaba as súas portas. O Plata era o último cine de grande capacidade, cunha sala de 614 butacas, que se mantiña na cidade. Os cinco operarios que traballaban na sala foron despedidos o mesmo día. A empresa propietaria do cine xa pechara con anterioridade as salas Vigo e Fraga nesta cidade e o cine Colón da Coruña pola escasa asistencia de público.
Máis información en Faro de Vigo
.
Amplía a nova>>
12/08/2002
O Concello de Poio pedirá que a Illa de Tambo se inclúa dentro do Parque das Illas Atlánticas
Hai unha semana saltou á luz o feito de que a Armada declaraba de "non interese" a Illa de Tambo. Agora, mentres se tramita a desafectación da illa, o Concello de Poio contempla a posibilidade de que se inclúa dentro do recén creado Parque Nacional das Illas Atlánticas. E mentres isto queda en proxecto, Vigo ultima o seu ingreso na Asociación de Cidades con Parques Nacionais a partir das que se creará unha Comisión Mixta que xestionará o Parque.
Máis información sobre
a desocupación militar da Illa de Tambo en Vieiros
e sobre a Declaración do Parque Nacional das Illas Atlánticas
.
Amplía a nova>>
26/06/2002
Continental amplia os seus proxectos trala ampliación de capital
O Grupo Continental quere facer notar o apoio economico que lle cedeu hai uns días Gescaixa, Rosp Corunna, Rosalia Mera e Alcuba anunciando novos e non tan novos proxectos. Tralo éxito de El Alquimista Impaciente, que esta entre as peliculas máis taquilleiras no Estado Español, Continental confía en repetir números coas súas produccións que están en vías de se estrenar proximamente: "Trece badaladas" e "Los lunes al son". E xa que falamos de estreas recordamos que Filmax quere repetir experiencia de preestrear un filme en Galicia (xa o fixera con "Dagon"). Esta vez, o filme é "Resident Evil" unha película narra nun videoxogo que está a causar furor en Estados Unidos e que preestreará en Pontevedra e Lugo.
Máis informacións na
web de Continental; en
La Voz de Galicia que informa sobre a rolda de Prensa de Continental. E na
web de Filmax tes información sobre o filme "Resident Evil".
Amplía a nova>>
24/06/2002
Créase a comisión asesora do Cluster do Audiovisual
Productoras, entidades financeiras, a Xunta e a Confederación de Empresarios de Galicia constituíron hoxe en Santiago o Comité Asesor do Cluster do Audiovisual. O seu obxectivo: incrementar a cooperación entre as empresas do sector para gañar competitividade..
Amplía a nova>>
10/06/2002
Os coruñeses IJV coproducen o novo filme do director peruano Lombardi
Hai dous anos a productora coruñesa IJV trasladouse ó Perú para rodar o documental "Labañou-Vilacabamba". Foi alí onde coñeceron ó cineasta peruano Francisco Lombardi ó que lle propuxeron rodar o seu último proxecto en Alta Definición. Foi así como naceu o xermolo de "Ollos que non ven", que ten como fondo a o escándalo dos vídeos que amosaban ó asesor presidencial subornando a altos cargos. E como proxectos está o do mozo alemán Hannes Stohr que avanza máis información sobre o seu último proxecto "One day in Europe (Galatasaray-Dépor)" que elabora xunto con Portozás Visión. E para abrir bocado mentres non se estrean o ciclo de cine que hoxe comeza no teatro principal. A súa temática: os inadaptados..
Amplía a nova>>
29/05/2002
O CGAI presenta a película restaurada de Amando de Ossorio "A bandeira negra"
Amando de Ossorio (1918-2002) foi un descoñecido en Galicia, sen embargo, en Estados Unidos é ben coñecido por cultivar o cinema de serie B, Z e S. De feito, en norteamérica as súas películas pódense consultar en vídeo e o seu nome figura en todos os listados que se precian sobre cinema de terror. Agora, o CGAI, dentro da súa política de recuperación de produccións galegas (ou relacionadas en Galicia) presentará esta tarde a ópera prima do director coruñés, "A bandeira negra". E xa que se presenta a obra de Amando de Ossoro, Xosé Zapata aproveitará para presentar o seu documental "Amando de Ossorio,o último templario". A cita, ás 20:15 da tarde..
Amplía a nova>>
28/05/2002
Hanner Stöhr gravará en Galicia un filme sobre o fútbol, co Dépor como protagonista
"One day in Europe (Galatasaray-Dépor)" este será o título da última película na que traballará o director alemán Hannes Stöhr. Un filme que partirá do feito de que o clube coruñés e o turco dispunta a final da Liga de Campións. E o propio director estivo en Compostela cun dobre obxectivo. En primeiro lugar para presentar "Berlin is in Germany" , dentro do ciclo de cine que desenvolve o Teatro Principal ata o vindeiro domingo. E polo outor para adiantar o seu vindeiro filme ara o que está a buscar coproducción en Galicia..
Amplía a nova>>
20/05/2002
Nace a Academia do Audiovisual para conseguir unha vertebración do sector
O día das letras foi tamén un día para o audiovisual. O día no que os galegos homenaxeaban e recordaban a figura de Frai Martín Sarmiento, dábase a coñecer a creación da Academia Galega do Audiovisual. Unha entidade que terá que unificar esforzcos coa Compostela Film Commission, a AGAPI (Asociación Galega de Productoras Independentes), AEGA (Asociación de Empresas do Audiovisual de Galicia), o Consorcio do Audiovisual e o Observatorio do Audiovisual. E todo isto dentro do marco da Lei do Audiovisual de Galicia. E todas estas entidades comparten unha meta común: o desenvolvemento do audivisual..
Amplía a nova>>
10/05/2002
O CGAI homenaxea hoxe ó coruñés José Ernesto Díaz-Noriega
José Ernesto Díaz Noriega (Barcelona, 1912- Madrid, 2002) é un deses homes do audiovisual que adoitan a pasar esquecidos, Malia que naceu e morreu fóra de aquí, o Galicia éralle unha terra moi preta xa que viveu na Coruña longas temporadas, que deron froito a un gran número de títulos e longametraxes que foron forxando o cine amateur galego. Hoxe o Centro Galego de Artes da Imaxe, quixo renderlle a súa homenaxe, e faino proxectando algúnhas das súa películas e cun coloqui no que intervendrán expertos e amigos. E o nome de Díaz Noriega abofé que formará parte dese proxecto de recuperación e difusión para recuperar e difundir o patrimonio cinematográfico. Un proxecto no que traballan da man a Universidade e a Xunta de Galicia. .
Amplía a nova>>
10/04/2002
Unha banda coruñesa de jazz compite no French Quarter Festival en Nova Orleáns
Están en Nova Orleáns, na cuna de jazz, e como non podía ser doutro xeito, tocando neste estilo musical. Son a Mr. Dixie Jazz Band, son da Coruña e forman parte do cartel dun programa de música que reunirá ós mellores e máis escollidos grupos deste estilo do mundo. E en calquera parte do mundo podería gravar o seu último disco María Bayo. Sen embargo decidiu que fose en Vigo, no Teatro Fraga, polas súas condicións acústicas. E continuamos coa música en Ferrol, onde o conservatorio e o concello únense para fomentar actividades conxuntas..
Amplía a nova>>