30/10/2002
O presidente de Warner Sogefilm reunirase co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística para tratar a dobraxe de Harry Potter ó galego
O presidente de Warner Sogefilm, Luis Hernández de Carlos, reunirase co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, para tratar as posibilidades de dobrar o filme “Harry Potter e a cámara dos segredos” para o galego. A Mesa puxo en marcha recentemente unha campaña de protesta reclamando que a película se puidese ver na nosa lingua.
Máis información en
noticias da Mesa pola Normalización
; a protesta da Mesa; web da MNL;
.
Amplía a nova>>
24/10/2002
O filme rodado en Vigo, “Los lunes al sol” compite para representar a España nos Óscars
A película rodada en Vigo de Fernando León, “Los lunes al sol”, continúa por bo camiño. Tralo éxito acadado en San Sebastián, onde gañou a Cuncha de Ouro, agora acaba de ser seleccionada pola academia de Cine como candidata para representar a España nos Óscars. Compite con “Historia dun beso” de José Luis Garci e “Hable con ella” de Pedro Almodóvar e a decisión tomarase o 11 de novembro.
Máis información na web da
Academia de cine e La Opinión .
. Amplía a nova>>
24/10/2002
A SGAE da a coñecer as cifras de asistencia de cine en Galicia no exercicio do 2001
A Coruña e Pontevedra seguen a ser as dúas provincias galegas onde máis se acode ó cine, segundo os últimos datos da SGAE dados a coñecer onte. En función deste informe Ourense segue a ser a provincia que menos cartos recada, no que a xente vai menos ó cine e que ten menos salas e menos pantallas.
Máis información sobre os datos en
El Correo Gallego , e na web da SGAE.
. Amplía a nova>>
21/10/2002
Un madrileño gaña con “El cumpleaños de Carlos” o primeiro premio da XXX Certame Audiovisual Liceo-Casino de Vilagarcía
“El cumpleaños de Carlos” (do madrileño José Javier Rodríguez) é o título da curtametraxe gañadora do XXX edición do Certame Audiovisual do Liceo-Casino de Vilagarcía. O segundo premio foi para Mario Iglesias por “Corten”; o terceiro para Luis Moreno, de Guadalaxara, por “250 bocadillos de mortadela”. O cuarto e o quinto premio recaeron en Trece Producciones de Madrid por “VO” e en José María Goenaga por “Tercero B”. Ademais, no apartado que premia ós novos realizadores, destacouse o traballo do catalán Marc Riba con “El negre es el color dels deus” e de Nelly Regueira por “Ausencias”..
Amplía a nova>>
21/10/2002
O Festival de cine Independente de Ourense ten como protagonista o cine galego
Ilegal (de Ignacio Villar) e a estrea de “13 badaladas” (de Xavier Villaverde) abrirán e pecharán, respectivamente, a VII edición do Festival Internacional de Cine de Ourense. Entre as novidades destaca unha retrospectiva sobre Woody Allen e Arxentina como país invitado, que completa as habituais seccións “Cine na emigración” (proxectando filmes de Juan Oriol), os documentais (estreando o documental gañador dun óscar), “Inédito en Ourense” (películas non estreadas na península) e en “memoria histórica” homenaxearase a actriz coruñesa María Casares. Ademais, haberá debate sobre o sector audiovisual, xornadas sobre telefilmes e unha mesa redonda
redonda sobre os dereitos intelectuais do actor.
Máis información en
Web do Festival de Cine de Ourense
. Amplía a nova>>
10/10/2002
“O Bosque Animado” e “Sei quen es” promoven a cultura galega no festival de Cine de Tolosa
Cinespaña, o Festival de cine español de Tolosa (Francia), acaba de abrir as súas portas. E na edición deste ano preséntase Galicia como invitada de honra, o que quere dicir que un día (o 16) se dedicará exclusivamente á promoción do audiovisual galego con catro curtas e cinco longametraxes. Esta homenaxe está promovida desde o “Círculo cultural de Galicia” que está formado por un grupo de galegos establecidos en París. Ademais, o día 12 inaugurarase en Tolosa o Instituto Castelao dedicado á promoción da cultura galega.
Máis información na
Web de Cinespaña e en La Opinión .
. Amplía a nova>>
03/10/2002
Continental estrea no festival de cine de Sitges a súa película “Trece badaladas”
Hoxe comeza o Festival Internacional de Cine de Catalunya (Sitges´2002) que este ano dedicará unha retrospectiva ó eurowestern (no que colabora o Centro Galego de Artes da Imaxe) e ó cine fantástico en Australia e Nova Zelanda. E para a esta xornada inaugural a proxección dunha película da factoría Filmax, “Darkness” de Jaume Balaguer. Nesta 35 edición estréase “Trece Badaladas” de Xabier Villaverde, que foi rodada en Galicia e que se basea na novela do mesmo nome de Suso de Toro.
Máis información en
El Progreso e na web promocional .
. Amplía a nova>>
30/09/2002
A película rodada en Vigo por Fernando León, “Os luns ó sol” gaña a Concha de Oro en San Sebastián
Hai un ano un Bardem encumbrado trala súa nominación ó Óscar, chegaba a Vigo para iniciar a rodaxe de “Os lúns ó sol” da man de Fernando León. Un filme que aborda un grupo de parados que sobreviven como poden entre a desesperación e o orgullo. Unha temática que tivo as súas protestas, por uns veciños preocupados pola imaxe que se podía ofrecer de Vigo. Xunto a Bardem, o galego Luis Tosar, José Ángel Egido, Nieve de Medina, e Aida Folch completaban un equipo. Un ano despois regresaron a Vigo o pasado venres para presentar o filme, que se poderá ver en galego. E que chega cun respaldo sólido, xa que acaba de gañar a “Concha de Oro” no 50 festival de San Sebastián.
Máis información en
La Voz de Galicia ,
web promocional ,
La Opinión ,
El Correo Gallego e
Festival de Cine de San Sebastián
.
Amplía a nova>>
16/09/2002
Películas galegas estarán presentes nos festivais de Sitges, San Sebastián e Toulouse
As películas galegas emigran este outono. ”Os luns ó sol” e “Ollos que non ven” representarán a Galicia no Festival de Cine de San Sebastián. O primeiro dos filmes estará na sección oficial, mentres o segundo deles proxectarase dentro da sección “en construcción”. Máis tarde será “Trece badaladas” a película que pechará a sección oficial de Sitges este inverno. Pola súa banda, o Festival de Cine Español de Toulouse, Cinespaña, acollerá nada menos que nove produccións do noso país.
Máis información en:
Diario de Ferrol
e en
O Correo Galego;
as películas para Toulouse
.
Amplía a nova>>
05/09/2002
Lans Von Trier clausurará o movemento Dogma 95 co último filme de Pinzás
Juan Pinzás acaba de presentar en Vigo e en Santiago o seu último filme. Chámase “Días de Voda” e é o seu segundo filme dogma (o segundo do estado español) e que formará parte dunha triloxía que rematará con “O desenlace”. Precisamente, con esta película o director danés Lans Von Trier pretende clausurar o movemento Dogma 95 que el mesmo creou. O filme “Días de Voda” que se estrea este venres nas carteleiras proxectarase en Madrid e en Barcelona en galego con subtítulos en castelán.
Máis información en
Máis información nunha
entrevista a Juan Pinzas en La Voz de Galicia e El Correo Gallego
. Amplía a nova>>